sábado, 25 de novembro de 2023

25N - Non mires a outro lado!!

 Ola peques e familias!! 

Hoxe conmemórase un día moi importante para o que eleximos estes LEMAS no noso cole!!

 Ademais, preparamos unha exposición na que levamos semanas traballando!! O primeiro que fixemos foi reflexionar... e este conto axudounos moito!!

Despois tocou analizar formas de violencia que nos rodean. O RETO foi chegar a 18 e aínda nos sobraban!! O cal nos provocou bastante tristeza... 

De aquí saiu a primeira parte do traballo para a exposición!! 

Recortar, escribir, pegar...

Aquí o resultado!!

Pero agora viña a parte boa!! A violencia ten CURA!! E está nas nosas mans!! Así que non perdemos un minuto para buscar palabriñas que fosen alivio para as anteriores!! 

Por sorte tamén saíron moitísimas o cal nos puxo moi content@s!! 

Así que tocou trasladalas ás vendas...

 

Porque nós NON QUEREMOS 

MIRAR A OUTRO LADO!! 



Queredes colaborar familias?? Que palabras engadiriades vós para curar e como cura? Esperamos os vosos comentarios!!

O resultado final de todo o colexio, mestr@s incluíd@s, estará exposto no CONCELLO ata despois do Nadal en horario de mañá, animámosvos a visitalo!! Nós farémolo xunt@s se o tempo nolo permite!! 

Como adianto... este vídeo en CARCAMÁN TV!! 

VÍDEO EXPOSICIÓN 25N

Esperamos poder deixar de conmemorar este día pronto!! Animámosvos a vir o luns vestidos de cor morada ou negra!! 

Apertiñas sanadoras!!

6 comentarios:

  1. A MIÑA PALABRA PARA CURAR E ….
    ⭐️⭐️CANTAR :⭐️⭐️ desde pequeniña cando me sentía triste poñía as niñas canciòns favoritas que tiña e cantabas moi moi alto…. Axudábame a non pensar no mal, olvidarme do problema , e sempre sempre SORRIR 🥰🥰🥰 Inda oxe en día fago 😍😍😍 Mamá Valentina

    ResponderEliminar
  2. 🤔🤔 PENSAR: Pareceme que se pensamos ben e reflexionamos ante unha mala situación chegaremos a conclusión de que todo problema ten una boa solución, a correcta. 😍😍😍 A nai de Hugo
    Noraboa polo gran traballo e dedicación 💪💪

    ResponderEliminar
  3. Para curar a palabra patadas o sinto. Hugo🤩😍🍉🍓🍒🍎💦🏄‍♂️😇🎉✨🌟⭐💝💖💌🤍🖤🤎💜🤑🤣😂🥳🧐🤐🙄😋😛😻😽🙉

    ResponderEliminar
  4. Nos engadiríamos a palabra CORAXE. CORAXE para decir NOOO, Non me gusta que me trates asi!!!... e CORAXE tamén para recoñecer que non sempre o fago ben. Atreverse a pedir perdón e para VALENTES!!! Os nenos/as de 1ºA a min parecenme todos moi valentes. Mamá de Vera e Alén.

    ResponderEliminar
  5. ABRAZO. BREIXO 😍🥰🤑🧡💔❤️‍🔥

    ResponderEliminar
  6. LOITA, toda loita da o seu fruto, e seguindo con esta esperemos que chegue o día en que a violencia desaparezca. Carolina(mamá de Enma)

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...