sábado, 27 de maio de 2023

Temos HORTIÑO no cole!!

 Ola peques e familias!! 

Despois da INAUGURACIÓN 

do noso HORTO ESCOLAR 

coa PLANTACIÓN...

hai que coidalo e esta semana 

tocounos a nós!! 

Regar, mantelo coidado e limpo...




Mirade con que coidado, traballo en equipo e entusiasmo o facía un grupiño que grabamos con cámara oculta!! Jiji!

Ademais diso, aproveitamos para plantar unhas sementes de nésperas que estaba merendando a profe Patri un día.... 

Se nacen teremos que transplantalas!! 

Que pasará?? 

Toca esperar....

Mirade os resultados polo de agora!! 

Vai fenomenal!!




Ata asoman xa 2 cabaciñas, unha cenoria e unha remolacha!!Que emoción!!


Como as LEITUGAS xa se podían colleitar pero non daban moito xogo soas....decidimos aproveitalas organizando unha 

MERENDA CON VEXETAIS!! 


Cada un a completou co que máis lle gustaba...mirade, mirade e collede ideas!! 

Que variedade!!

Pero adiviña, adiviñanza...cal é a da profe que xa aparece coa LEITUGA incorporada?? Esta!! 


Contámosvos os PASOS para que chegase aos nosos tuppers!! Recolectala, lavala, escurrila, cortala e...engadila!! 

UN GRAN TRABALLO EN EQUIPO!! 

Grazas profe Susi pola axuda!! 


E que quedaba?? PAPALA!! Aquí van as impresións dos agricultores e agricultoras!!

Como nos encantou a idea...

non só queremos repetir senón que xa collemos na biblio uns libros de RECEITAS moi interesantes para a aula!! 

Pero a aventura do HORTO non remata aquí...estade atentas e atentos!! 

Apertiñas vexetais!!

2 comentarios:

  1. Ola son Martín! Encantoume ir o horto e a ensalada que preparamos estaba riquísima! Apertiñas saudables.🥬🍅🥕🧀.

    ResponderEliminar
  2. Ola, son Óscar. Gustoume moito a ensalada e ir ao horto. Apertiñas.

    ResponderEliminar

Excursión de fin de curso!!

Ola peques e familias!!  Chegou o mes de maio e nós xa comezamos a ser conscientes de que o curso está chegando ao seu final e que mellor ma...