luns, 29 de maio de 2023

Saída con patinetes!!

 Ola peques e familias!! 

As SAÍDAS na nosa aula 

xa son habituales, 

canto APRENDEMOS!! 

Pero @s mestr@s nunca 

deixan de sorprendernos!! 

Desta vez  fomos ata a praza do Regueiro a realizar unha CARREIRA DE ORIENTACIÓN sobre Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas e o aventureiro profe Toño propúxonos ir en...PATINETE!! 

Así que organizamos todo coa axuda das nosas familias e alá fomos!! No seguinte vídeo o profe Toño recolleu toda a nosa AVENTURA!! 

Como vedes aproveitamos que tiñamos esta novidade no cole para sacarlle o máximo proveito e tamén fomos moi responsables, xa que as actividades o requerían!! 

Sabedes un segredo?? 

As actividades molaron moitísimo, pero o tempo libre no parque tod@s xunt@s tamén nos encanta e é un momento moi enriquecedor!!

 Aínda nos dura a emoción e non sei por que nos da que @s mestr@s de seguro que xa están argallando a seguinte!! 

Esperamos ilusionad@s!! 

Apertiñas aventureiras!!

2 comentarios:

  1. Ola son Martín, encantoume a saída o Regueiro, foi moi divertido!!Apertiñas viaxeiras!🚴🚴

    ResponderEliminar
  2. Ola!!!Son Sira J. O patinete é SUPER divertido e no parque máis aínda que……me caíra.APERTIÑAS🛹🛹🥇🥈🥉🏅

    ResponderEliminar

Excursión de fin de curso!!

Ola peques e familias!!  Chegou o mes de maio e nós xa comezamos a ser conscientes de que o curso está chegando ao seu final e que mellor ma...