mércores, 24 de maio de 2023

Máis actividades de biblioteca!!

 Ola peques e familias!! 

Libria e a profe non paran de sorprendernos argallando cousiñas moi chulas!! Fai uns días tivemos a VISITA DUNHA AUTORA!! Clicade neste enlace e poderedes vela!! 

BLOG DA BIBLIOTECA

Tamén nos chegou unha 

CARTA cun paquetiño...

... que o encargado e os seus axudantes non tardaron en abrir e ler!!;) 


Era unha OBRA DE TEATRO titulada "AS COUSAS DE DON PACO" e o mellor...sabedes quen a escribiu?? A mesmiña autora que nos visitou!! Alucinamos!!  

Non para de "DARLLE AO LAPIS..."

Así que fomos para a biblioteca, repartimos as divertidas PERSONAXES amigas de DON PACO, preparamos as nosas dotes de interpretación e...a REPRESENTAR!! 



Aquí vos deixamos o enlace por se queredes volver a lela en familia!! 

AS COUSAS DE DON PACO

Ademais, descubriredes por fin quen é aquel misterioso LAPIS sobre o que investigaramos!! 

Recordade que 

"UN DÍA SEN LER E ESCRIBIR 

É UN DÍA PERDIDO"!!

Moitas apertiñas lectoras!!

1 comentario:

  1. Ola, son Óscar. Gustoume moito a actividade do teatro de don Paco. Apertiñas.

    ResponderEliminar

Excursión de fin de curso!!

Ola peques e familias!!  Chegou o mes de maio e nós xa comezamos a ser conscientes de que o curso está chegando ao seu final e que mellor ma...