No novo espazo de "polos creativos" non dabamos feito!! E coa axuda de Raquel descubrimos un montón delas!! Grazas!!
Unha foi a CARRETILLA!!
De que máquinas está composta?
Intentade responder en comentarios!! A SORPRESA foi que chegou a primeira máquina dunha das vosas casas!! Sira tróuxoa e a profe Trini púxoa a funcionar e explicounos un montón de cousas!! Ademais de preciosa, esconde un montón de historias!!
Tamén foi moi interesante comparala coa MÁQUINA DE COSER moderna que temos no cole!! A principal DIFERENZA que atopamos foi que a primeira é MANUAL e a segunda AUTOMÁTICA!!
Xa sabemos outra clasificación.
Aquí vai o esquemiña mentras seguimos á espera de que vaian chegando máis!!
E o outro tema é a MULTIPLICACIÓN!!
Estamos comezando de
maneira manipulativa entendendo que multiplicar significa "SUMAR VARIAS VECES O MESMO NÚMERO", o cal nos facilitará moito nun futuro!!
Pero...a ilusión por coñecer e crear as táboas era enorme!! Así que aproveitámola para ir arrancando!!
Alucinamos ao comprobar que non era máis que realizar cálculo mental de 2 en 2, de 5 en 5...
Comezamos polas máis sinxelas pero os resultados foron espectaculares!! Cooooontinuamos pasiño a pasiño!!
Agora uns xogos un pouquiño máis difíciles!!
Ata pronto!!
Ola, son Emma. A carretilla e unha máquina simple. Apertiñas.🚙🚌
ResponderEliminarOla, son Óscar. Gustoume moito facer os xogos. Apertiñas.🫡🫡🙂🙂🙂🙂😁😁😁
ResponderEliminarOla son Sofia,a carretilla è unha máquina simple e manual....Gústanme as multiplicacións....saudiños 🤗
ResponderEliminarOla! Son Sira J. A carretilla é unha máquina composta pola roda e unha palanca. APERTIÑAS!!⚙🛒
ResponderEliminarOla! Son Martín, a carretilla e unha máquina composta de un eixe e unha roda. Gustoume facer os xogos das multiplicacións. Apertiñas. ✈️🚟🛳🚦🛎🕧⛱️
ResponderEliminar