xoves, 9 de febreiro de 2023

De tradición en tradición!!

Bo día nenos e nenas de segundo!! 

Bo día tamén familias!! 

Sabedes quen somos?? Pistas... 



A gotiña entroideira xunto con Libria!! Hoxe aparecemos cunha CARTA VIRTUAL, ademais da tradicional, xa que sabemos que ides a usar as TABLETS!! E aquí estades!! Así que...a INVESTIGAR!! 


Como xa descubrimos unha tradición do ENTROIDO da AROUSA e xa sabemos o que son as COMPARSAS e que nós formaremos unha...

Agora máis difícil!! 

A pregunta é: 

QUE É UN LIBORIO?? 

Tedes que investigalo en equipo e non dicir nada aos compis!! Para axudarvos...deixámosvos un DICIONARIO MOI CARCAMÁN!! Entrade e intentade atopar esta palabra!! 

"O QUE O CARCAMÁN DI"

Ao rematar...este vídeo daravos máis PISTAS!! Estade atent@s cando chegue aos 4 minutos e medio!! 

E xa para rematar... 

Xa o tedes claro?? 



Xa sabemos que tedes algunha idea pero polo de agora...ssshhh!! 

Non digades nada pero seguide investigando coa axuda das vosas familias o fin de semana e contádenos o que saibades nos comentarios!! Ao voltar ao cole o luns... traede toda a información xa que haberá moitas SORPRESAS!! 


E DE TRADICIÓN EN TRADICIÓN...

que vos parece seguir coas COPLAS de Nadal agora entroideiras?? Aquí vos queda melodía e a letra!! A practicar!!

A SAIA DA CAROLINA (MELODÍA)

COPLA DE SEGUNDO E.P.
Somos lapis de segundo
expertos en escritura
vestimos SUPERPODERES
e unha capa moi chula!!


RETROUSO COPLAS
Nestas festas de Entroido
vouvos aconsellar
ride canto poidades
veciñas do lugar
veciños do lugar
veciñes do lugar
nestas festas de Entroido
todos a troulear. 

Ata prontiño!!

5 comentarios:

  1. Ola,somos Mariña e Ari.Encantounos a canción. Adeus.

    ResponderEliminar
  2. Ola,son Emma.Encantoume a copla, adeus.

    ResponderEliminar
  3. OLA,SON ALMA ENCANTOUME A CARTA DA GOTIÑA ADEUS.

    ResponderEliminar
  4. Ola, son Óscar. Gustoume moito ver o video mais leer o blog. Apertiñas comparseiras.

    ResponderEliminar
  5. Ola son Sofía gústame moito a copla e tamén disfrazarme...Apertiñas

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...