mércores, 8 de febreiro de 2023

Retos e máis retos!!

 Ola peques e familias!! 

Comezamos a semana 

cun RETO DE IDIOMAS!! 

A Gotiña non deixa de sorprendernos!! E a verdade que esta insignia si que precisou de moito esforzo para conseguila!! Porque unha SOPA DE LETRAS en 16 idiomas é complicadísima!! Senón comprobádeo e intentádeo vós mesm@s na casiña en familia!! Quen se atreveu? E quen o conseguiu? Contádeo en comentarios!!

Pero... pronto chegou o RETO máis ENTROIDEIRO!! Claro, estamos ás portas... 

Ata había LAPIS de 

verdade con CAPA!! 

Fixádevos!! 

Eran os do lapiceiro da mestra...

Iso seguro que foi Amaranta porque estaban do revés!!jiji 

Así que MANS Á OBRA coa PANCARTA DA COMPARSA e os debuxos!! 

Polo de agora estamos situando todo para que collan todos os debuxiños ben colocados e pronto...poderedes ver o resultado!!

Encantounos coñecer outra TRADICIÓN da Arousa, xa que aprendemos que unha COMPARSA é un conxunto de persoas, disfrazadas ou non, que van xuntas para divertirse e divertiren aos demais, especialmente no Entroido. 

É a definición da RAG. Xa somos uns EXPERT@S en buscar nese dicionario!! Déixovos o enlace para que o utilicedes na casa!! Ten un montón de opcións superinteresantes!! Pero sabedes que é o que máis nos gusta? Pulsar no altavoz!! 

E falando de tradicións e COMPARSAS... algunha/algún de vós está nunha? Encantaríanos saber máis sobre iso!! 

Que nos contarades como se chama, quenes a formades, como se formou, anécdotas que vos pasaron... 

E como facer que 

nos chegue esa información?? 

O ideal sería que grabarades un vídeo pequeniño contándonolo e llo enviarades á mestra ao email (comprimido se é necesario). Como segunda opción podedes facelo chegar nun pen drive. Non se precisa nada elaborado, soamente a sabiduría popular!!

Tamén 1 ou 2 fotos estaría xenial!! (Non máis, por favor.)

Pode participar calquera membro/a da familia.

 Animádevos!! 

Nese email indicade se permitides a súa publicación no blog ou preferides que só sexa para visualizar na aula.

Contamos, coma sempre, coa vosa COLABORACIÓN e dámosvos as GRAZAS de antemán!! 

Saudiños comparseiros!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...