Bo día familias e peques!!
Levamos unhas semanas moi intensas de CONMEMORACIÓNS IMPORTANTES!!
Aquí unha entradiña sobre elas!!
O día universal da infancia
festexámolo visitando un mural precioso que fixeron @s compis de primeiro, vendo o vídeo e reflexionando sobre todo!!
Déixovos o enlace ao vídeo:
Do día contra a violencia de xénero
xa vos avanzara algo do acto pero deixámosvos o enlace a un vídeo-resumo chulísimo!!
O día internacional das
persoas con discapacidade
tocounos preparalo a nós. Fixemos varias cousiñas que vos compartiremos noutra entrada!!
Polo día da Constitución os compañeiros de sexto realizaron un pasapalabra ao que podedes xogar axudados polas vosas familias!!
Aquí o enlace:
Ademais nós tamén traballamos este día cun conto especial en acordeón!!
E polo día dos Dereitos Humanos recibimos unha visita especial dos compis de terceiro!!
Explicáronnos un pouquiño e deixáronnos un agasallo xenial!!
Grazas compis!!
Días importantes que recordar!!
Apertiñas!!
Ola son Emma , encantáronme as celebracións. Apertas!
ResponderEliminarOla, son Mariña. Foi moi divertido facer o teatro , feliz Nadal😃😃.
ResponderEliminar