Bo día peques e familias!! Esta CONMEMORACIÓN tocounos a nós e fixemos varias cousiñas!! A primeira que compartimos co resto do cole foi unha ACTIVIDADE PLÁSTICA de concienciación cara as persoas con cegueira. Coa colaboración da mestra Olalla...COMEZAMOS!! Que conscientes fomos das dificultades que teñen e do seu mérito e esforzo por superalas!! Por iso a parte máis importante foi a REFLEXIÓN posterior!!
E fixemos unha EXPOSICIÓN cos resultados de todos @s compis participantes!!Tamén traballamos sobre o sistema de comunicación BRAILLE, coñecendo o ABECEDARIO e escribindo os nosos nomes!! Pero aínda quedaba a ACTIVIDADE chamada MOCHILAS LILAS que unía o traballo de varias conmemoracións englobando IGUALDADE, DISCAPACIDADE, XÉNERO e moito máis!! Natalia foi a encargada dela e comezamos presentándonos por medio dunhas personaxes!! Foi divertido e orixinal!! Falamos da igualdade entre xéneros e acordámonos da visita do curso pasado de Alba Alonso e dos seus contos!! Natalia propúxonos un xogo sobre...quen adoita facer as tarefas que nos vai dicindo na nosa casa??a vermella representaría ás mulleres da casa e a verde aos homes, incluíndonos, por suposto!! Houbo de todo, pero coincidiamos en que normalmente víase máis unha cor, o cal nos vale para unha reflexión na casa!! Fixemos moitas máis actividades!! Rematamos cunha con PEDRIÑAS que nos namorou!! E que iso é BONITO, é RIQUEZA, xa que as diferenzas están en todas partes!! da man o mundo pode ser precioso!! GRAZAS Natalia por este ratiño e por tantas aprendizaxes!! Apertiñas bailarinas!!
E fixemos unha EXPOSICIÓN
Ola, son Mariña. Encantoume a actividade, moitas apertas 🦋👧👦🐹.
ResponderEliminar