martes, 13 de decembro de 2022

Día internacional das persoas con discapacidade.

 Bo día peques e familias!! 
Esta CONMEMORACIÓN tocounos 
a nós e fixemos varias cousiñas!! 
A primeira que compartimos co resto do cole foi unha ACTIVIDADE PLÁSTICA de concienciación cara as persoas con cegueira. 
Coa colaboración da mestra Olalla...COMEZAMOS!! 
Que conscientes fomos 
das dificultades que teñen 
e do seu mérito e esforzo 
por superalas!! 
Por iso a parte máis importante foi a REFLEXIÓN posterior!! 
E fixemos unha EXPOSICIÓN 
cos resultados de todos 
@s compis participantes!!
Tamén traballamos sobre o sistema de comunicación BRAILLE, coñecendo o ABECEDARIO e escribindo os nosos nomes!! 
Pero aínda quedaba a ACTIVIDADE chamada MOCHILAS LILAS que unía o traballo de varias conmemoracións englobando IGUALDADE, DISCAPACIDADE, XÉNERO e moito máis!! Natalia foi a encargada dela e comezamos presentándonos por medio dunhas personaxes!! Foi divertido e orixinal!! 
Falamos da igualdade entre xéneros e acordámonos da visita do curso pasado de Alba Alonso e dos seus contos!! 
E seguindo con este tema... 
Natalia propúxonos un xogo sobre...
quen adoita facer as tarefas que 
nos vai dicindo na nosa casa??
 Dounos dúas cartolinas: 
a vermella representaría ás mulleres da casa e a verde aos homes, incluíndonos, por suposto!! 
Houbo de todo, pero coincidiamos en que normalmente víase máis unha cor, o cal nos vale para unha reflexión na casa!! 
Fixemos moitas máis actividades!! 
Rematamos cunha con PEDRIÑAS 
que nos namorou!! 
E nos concienciou de que tod@s somos DIFERENTES pero iguais!! 
E que iso é BONITO, é RIQUEZA, 
xa que as diferenzas están en todas partes!! 
E se bailamos XUNT@S 
 da man o mundo 
pode ser precioso!! 
GRAZAS Natalia por este ratiño 
e por tantas aprendizaxes!! 
Apertiñas bailarinas!!

1 comentario:

  1. Ola, son Mariña. Encantoume a actividade, moitas apertas 🦋👧👦🐹.

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...