mércores, 7 de decembro de 2022

Mes de decembro...con SORPRESÓN!!

 Bo día peques e familias!! 

Acaba de comezar o 

MES DE DECEMBRO e xa 

levamos uns días intensos 

de SAÍDAS e ACTIVIDADES 

chulísimas que pouco a pouco 

vos iremos mostrando!! 

Pero é que ademais...

veu con SUPERSORPRESAAAAA!! 

Amaranta tróuxonos unha carta moi

ESPECIAL xa que viña nun 

sobre VERDE!! Cor moi navideña!!

E non viña soa!! Estaba 

acompañada dun...ELFIÑO!! 

Mirade que dous!! 

Na CARTA quedáronnos claras varias cousas: que o ELFIÑO nos ía dar que facer, que tiña unha misión moi especial e que...tiña o SUPERPODER de ser un GRANDE POETA!! 

Polo menos non nos ven mal un POETA preto para o PROXECTO DE ESCRITURA deste curso!!

E non tardou en facer TRASNADAS!! 

Na seguinte visita apareceu colgado coas PEZAS DE PUZZLE do noso PROXECTO das PALABRAS ENCADEADAS que tiñamos que enviar por CARTA ao día seguinte!! Menos mal que pronto nolas deixou de novo colocadiñas no seu sobre e chegaron a tempo para levalas a CORREOS!!

 Ao día seguinte colleulle unha letriña á profe Ali e liouse todo!! Pero...Amaranta non quedou atrás!! Non sabemos se pretendía axudarnos ou xogar con el!! Cremos que foi o segundo...PILLA!!

 Pero...de que era esa letra?? 

Parece que na seguinte visita...

quixo darnos máis pistas!! 

E a profe...sen saber nada!! 

Pero mirade na seguinte 

a que liou coas pinzas!! 

E por se non fora pouco, 

hoxe "tendeu" as letras pero 

non o atopabamos!! 

Fixádevos ben...

 tamén se tendeu el mesmo 

ben escondido!! 

Por certo, xa sabedes que 

pode querer dicirnos coas letras?? 

 Deixade as vosas RESPOSTAS 

en COMENTARIOS!!

 Pero agora ven o mellor...hoxe a profe Ali ao chegar á súa casa observou que lle falta un BONECO DE NADAL da entrada!! Déixavos a foto por se podedes axudarlle!! 

Non sei por que lle parece que...

o ELFIÑO tivo algo que ver!! 

Por favor, se o vedes ou sabedes onde pode estar deixade un COMENTARIO!! Moitas grazas!! 

Ata pronto ELFIÑAS e 

ELFIÑAS de segundo!!

2 comentarios:

  1. Ola son Rebeca e o do Elfiño foi moi, moi chulo, gracioso e divertido.

    ResponderEliminar
  2. Ola, son Mariña. O elfiño traviesiño e moi divertido cuando se esconde apertas 🙂😉.

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...