sábado, 10 de decembro de 2022

Somos Premio Nacional!!

 Boas peques e familias!! 

Levabamos unhas semanas 

cun run, run.... que por 

fin podemos contar!! 

XA É OFICIAL, 
SOMOS PREMIO NACIONAL!! 

En concreto concedéronnos o 

"PREMIO NACIONAL DE BOAS 

PRÁCTICAS EN CENTROS DOCENTES" 

grazas ao proxecto: 

"ENREDANDO COA PESCA" 

do curso pasado do que vós 

formastes boa parte!! 

LIBRIA tamén está feliz!!

Podedes ver máis detalles na páxina web do colexio, onde tedes acceso á nova do xornal e ao blog onde están recollidos boa parte dos traballiños que se levaron a cabo!! 

Déixovos o enlace:

CEIP TORRE ILLA

Aí atópase, entre outras cousas, todo o realizado partindo das "ANÉCDOTAS SOBRE A PESCA" que as familias nos fixestes chegar e o gran traballo que @s peques levaron a cabo!! Que orgullosa me sinto del@s e de todos os compis!! Merece a pena bucear por todo o blog con calma!! Aquí o enlace directo á nosa parte, aínda que aparecemos en moitas máis: 


Este curso embarcámonos no mundo da ESCRITURA coa mesma ilusión que o pasado!! 

GRAZAS DE CORAZÓN familias

coma sempre pola vosa colaboración e por querer formar parte deste GRAN EQUIPO!! 

E aos peques por ser 

o MOTOR de todo SEMPRE!!

 QUE O RITMO NON PARE!! 

E agora por fin...

podendo vernos os SORRISOS!!

Apertiñas gañadoras!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...