mércores, 26 de outubro de 2022

Reto do PRATO SAUDABLE!!

 Ola peques e familias!! 
A ALIMENTACIÓN SAUDABLE 
non só é un "contido" que traballamos 
no cole, senón que está 
presente na nosa vida!! 
Nas nosas merendas... 

...e NAS NOSAS CASAS!! 
Vari@s compis animáronse a enviarnos
 fotos dos seus pratos saudables coas proporcións 
do PRATO DE HARDVARD como guía!!

Emma e Izan!! 

Laura!! 

Óscar e Mariña!! 

E, por suposto, explicáronos na aula!! 
Sabedes que a profe Ali 
tamén participou cos seus?? 
É unha namorada das froitas 
e as verduras!!



Almorzo, xantar e cea!! 

Porque o importante non é a colocación 
como o PRATO DE HARVARD, senón a proporción 
das cantidades e o tipo de alimentos!! 


E a seguir xogando para seguir aprendendo!! 
Con plasti aínda nos mola máis!! 
Alimentos saudables en 3...2..1...

Parece que unha cousa quedou clara... 
AS FROITAS SON SUPERSAUDABLES!! 
Participade no RETO!! 
Sacádelle unha foto ao voso PRATO SAUDABLE 
durante esta ponte e enviádeo ao email!!
Todavía estades a tempo!! 
E falando de alimentación...
na semana de SAMAÍN, 
lemos este conto!! 

Moi horripilante, divertido e cun 
invitado sorpresa inesperado!! 

Atent@s á seguinte entrada....

da FESTA DE SAMAÍN!!
Saudiños!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Unidades de medida - Peso

Ola peques e familias!!  Hoxe toca repasar...  AS UNIDADES DE PESO !!  Aquí quedan varios xogos! XOGO 1 XOGO 2 XOGO 3  Adiaaaaaante!!  Apert...