martes, 25 de outubro de 2022

Que interesante o mundo da electricidade!!

Ola peques e familias!! 

Seguimos descubrindo oficios!! 

Desta vez veu o pai de Sira que é ELECTRICISTA!! Xa alucinamos ao velo entrar!! Viña con dúas maquetas impresionantes!! 


Foi a buscar auga e...explicounos unha maneira de xerar electricidade. Alucinamos!!

E algo moi importante...como di Sira, todo foi feito por el!! Grazas polo esforzo!! Continuamos cunha segunda maqueta que viña a medias... 


...xa que quería rematala con nós!! Así que comezou a conectar cables!! 

Paciencia, profesionalidade e moita seguridade!! E saber reaccionar ante os accidentes!!

 Atendede á pregunta deste vídeo, ademais de chamar á ambulancia, a ver se recordades que deberiamos facer se alguén se electrocuta? 

Respondede nos comentarios!! 

E a ver se o papi ELECTRICISTA 

nolo recorda!! 

E por fin, encendeuse a BOMBILLA!!


Pero aínda faltaban....

MÁIS CABLES?? 

Ten lóxica!!Adianteeee!! 

Que pasada de traballo ten este papi!! 

E cantos instrumentos utiliza!! 

Menos mal que cun deles 

comprobamos que a nosa 

carga eléctrica é...CERO!! 

 

Foi interesantísimo!! 

Un aplauso merecido, 

un agradecemento enorme 

e...o DIPLOMA!!


Ata a próxima!!

2 comentarios:

  1. Ola son Sira J! A min encatoume que viñera o meu papi a o cole.apertas a tod@s

    ResponderEliminar
  2. Ola, son Óscar. Cando alguén se electrocuta temos que coller algo de madeira para apartalo. Un saúdo!

    ResponderEliminar

O mundo das máquinas!!

Ola peques e familias!!  Seguindo co estudo do PASO DO TEMPO adentrámonos no cambio que sufriron as MÁQUINAS cos anos!!  E comezamos o seu ...