Ola peques e familias!!
Seguimos descubrindo oficios!!
Desta vez veu o pai de Sira que é ELECTRICISTA!! Xa alucinamos ao velo entrar!! Viña con dúas maquetas impresionantes!!
Foi a buscar auga e...explicounos unha maneira de xerar electricidade. Alucinamos!!
E algo moi importante...como di Sira, todo foi feito por el!! Grazas polo esforzo!! Continuamos cunha segunda maqueta que viña a medias...
...xa que quería rematala con nós!! Así que comezou a conectar cables!!
Paciencia, profesionalidade e moita seguridade!! E saber reaccionar ante os accidentes!!
Atendede á pregunta deste vídeo, ademais de chamar á ambulancia, a ver se recordades que deberiamos facer se alguén se electrocuta?
Respondede nos comentarios!!
E a ver se o papi ELECTRICISTA
nolo recorda!!
E por fin, encendeuse a BOMBILLA!!
Pero aínda faltaban....
MÁIS CABLES??
Ten lóxica!!Adianteeee!!
Que pasada de traballo ten este papi!!
E cantos instrumentos utiliza!!
Menos mal que cun deles
comprobamos que a nosa
carga eléctrica é...CERO!!

Foi interesantísimo!!
Un aplauso merecido,
un agradecemento enorme
e...o DIPLOMA!!
Ola son Sira J! A min encatoume que viñera o meu papi a o cole.apertas a tod@s
ResponderEliminarOla, son Óscar. Cando alguén se electrocuta temos que coller algo de madeira para apartalo. Un saúdo!
ResponderEliminar