17 febreiro 2024
15 febreiro 2024
Ás portas do ENTROIDO por fin!!
Ola peques e familias!! Levabamos unhas semaniñas preparando o ENTROIDO e por fin mañá poderemos celebralo coa nosa PANCARTA que creamos con moita ilusión cos compis de 1ºB!! Por suposto, coa axuda de Amaranta sempre!!
XOGO DE ENTROIDO
Apertiñas ilusionadas!!
14 febreiro 2024
Acompañádesnos de tendas??
Ola peques e familias!!
Calquera cousa que queirades mercar podedes visitar a Débora, a nai de Leo que traballa de CAIXEIRA nun HIPERMERCADO!! Alí pódese atopar case de todo!!
Comezou ensinándonos a súa tarxeta de identificación e... agasallounas cunha para cada un/unha!!
Explicounos en que consiste o seu traballo pero, sobre todo, tiña todo preparado para que o viviramos nun xogo!! Así que nos convertimos en CAIXEIR@S E CLIENTES!! Primeiro intentamos pensar que prezo tería cada produto e... a MERCAR E VENDER!!
Que ben nos veu para seguir practicando cos cartos!! A profe non perde unha oportunidade, xa sabedes!! Pero isto non rematou aquí e Débora e Leo tiñan unha sorpresa para nós!! Un xogo para a aula!!
Moitas grazas e... agora tócanos a nós!! Primeiro clasificamos a profesión nas que proporcionan SERVIZOS e démoslle o seu merecido DIPLOMA!!
Grazas por todo aos dous!!
Apertiñas aforradoras!!
Imos á carnicería!!
Ola peques e familias!!
Fai uns diíñas visitounos Elsa, a nai de Alba que é CARNICEIRA!!
Primeiro ensinounos todo o que utiliza no seu traballo para a súa seguridade e por hixiene!!
Tamén todos os produtos cos que traballa e ten que preparar e colocar!!
Despois tocou convertirnos en CARNICEIR@S por un momento cun xogo de plastilina!! Canto aprendemos e que ben o pasamos!!
Alba e Elsa aínda nos tiñan preparada unha última sorpresa!!
Coa axuda da nai de Alba clasificamos a súa profesión nas que proporcionan SERVIZOS e démoslle o merecido DIPLOMA!! 
Moitas grazas por todo ás dúas!!
Apertiñas agradecidas!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
O día do SAMAÍN!!
Ola peques e familias!! Despois de moitos días esperando chegou o DÍA DO SAMAÍN!! O cole encheuse de personaxes variados entre os que apa...
-
Bo día peques e familias!! O curso arranca e con el damos a BENVIDA a novas e novos peques en PRIMARIA cunha aula ben colorida!! Na clase...
-
Ola peques e familias!! Que emocionante é estar no cole dos maiores!! Cando xa conseguimos que os nervios vaian calmando e que a ILUSIÓN o...
-
Ola peques e familias!! E chegou o SAMAÍN !! O día da FESTA !! Transcurreu entre disfraces orixinais e medorentos!! Ademais de moito ba...


































































