11 marzo 2024
03 marzo 2024
Sorpresa de Xelo e Amaranta!!
Ola peques e familias!!
O venres chegou a SORPRESA prometida!!
Alucinamos ao ler a carta e enterarnos de que nos visitaría o ILUSTRADOR d@s nos@s personaxes favorit@s!! Este curso vai de ARTE!!
Así que collemos todo o necesario e baixamos a polos creativos!!
Alí nos esperaba e lle ensinamos con gran ilusión algún dos traballiños feitos respecto aos seus libros!! Moito lle gustaron!!
Primeiro presentouse!! El é Carlos Taboada pero todo o mundo o coñece como "PIN"!! Contounos que así o chamaban de pequeno porque estaba todo o día "PINtando"!! Artista coma nós!! jiji!!
Pero el tiña unha misión... plasmar nese papel en branco ás nosas personaxes favoritas EN DIRECTO!! Pero sabedes o mellor?? Iría pasiño a pasiño para que nós puideramos acompañalo e APRENDER A DEBUXAR con el!! Encantounos a idea así que MANS Á OBRA!! El nos guiaba...
...e nós atentísim@s iamos creando a Xelo e Amaranta!!
As mesas convertíronse en recunchos de verdadeir@s ARTISTAS!!
Asinou os debuxos e deixounos no cole de agasallo para nós!!
Ao rematar, contounos a bonita historia que os levou a escribir o primeiro conto sobre unha saramaganta, a nosa amiga AMARANTA!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
O día do SAMAÍN!!
Ola peques e familias!! Despois de moitos días esperando chegou o DÍA DO SAMAÍN!! O cole encheuse de personaxes variados entre os que apa...
-
Bo día peques e familias!! O curso arranca e con el damos a BENVIDA a novas e novos peques en PRIMARIA cunha aula ben colorida!! Na clase...
-
Ola peques e familias!! Que emocionante é estar no cole dos maiores!! Cando xa conseguimos que os nervios vaian calmando e que a ILUSIÓN o...
-
Ola peques e familias!! E chegou o SAMAÍN !! O día da FESTA !! Transcurreu entre disfraces orixinais e medorentos!! Ademais de moito ba...















































