30 outubro 2026
29 outubro 2026
Continúa a semana de Samaín!!
Ola peques e familias!!
No Samaín é moi importante o traballo dos MEDOS, unha emoción tan válida como as demais, necesaria e importante. Por iso os maiores do cole nos propoñen a actividade da "CAIXA DOS MEDOS"!!
Trátase de escribir os nosos medos nun papel, introducilos na caixa e o día do Magosto os queimaremos para que desaparezan!! Nesta actividade sempre saen reflexións moi interesantes.
Tamén nesta semana nos visitou o mago Teto cun espectáculo de Samaín!!
Damos comezo ao Samaín!!
Ola peques e familias!!
Na nosa aula xa levamos uns diíñas festexando o Samaín!!
Comezamos escoitando un vídeo de Balbino, o protagonista de "Memorias dun neno labrego", libro de Xosé Neira Vilas, autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas.
Segundo nos di aparecerá en diferentes momentos do curso para propoñernos retos e o primeiro foi relacionado co Samaín!!
Escoitade atentamente.
As personaxes de lenda das que fala son as seguintes:
Lemos todas as características de cada unha con detalle e pasaron a formar parte da nosa biblio de aula, votamos a nosa favorita e a debuxamos e ata realizamos unha gráfica cos resultados!!
Tamén o Samaín estivo presente nas horas de ler e nos contacontos das mestras!!
25 outubro 2026
Día das bibliotecas escolares!!
Ola peques e familias!!
Na nosa aula nos encanta visitar a biblio!! Ademais de descubrir libros e historias marabillosas sempre nos sorprende!! Como esta semana cando descubrimos todo decorado xa de Samaín!!
Ata a planta de abaixo!
As nosas caras dino todo!!
Aproveitamos para realizar o préstamo semanal para a casa e ler un contiño que nos ten conquistados...da risa!!
E polo DÍAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES Libria realizou unha entrada moi especial no seu blog que vos invitamos a visitar e comentar!!
BLOG DA BIBLIOTECA
Pero as SORPRESAS polo Samaín non fixeron máis que comezar!!
Apertiñas lectoras!!
22 outubro 2026
Sistemas do corpo!!
Ola peques e familias!!
Estas semanas traballando o CORPO estámolo pasando xenial!! Cantas cousas aprendemos xogando!! Hoxe toca repasar os SISTEMAS DO NOSO CORPO!!
O sistema dixestivo:
O sistema respiratorio:
Estas semanas continuaremos descubrindo o CORPO e o seu coidado!!
Apertiñas estudosas!!
21 outubro 2026
Nova experiencia... unha CARREIRA!!
Ola peques e familias!!
Nesta aula cada día as mestras nos presentan novas experiencias moi enriquecedoras e diivertidas!! Hoxe tomamos rumbo a Ribadumia para disfrutar da nosa primeira actividade do XOGADE: unha CARREIRA!!
Primeiro collemos forzas (con moita froita!!) e nos colocamos os dorsais!!
Despois tocou quentar dirixidos pola nosa compi Emma!!
E cando estabamos preparados/as tocou correr!! Molou moito e ademais nos viñemos para o cole con varios diplomas!! Un deles foi para o noso César!! NORABOA!!
Pero máis alá da clasificación houbo aprendizaxes moito máis importantes: realizar deporte para o disfrute e non unicamente para a competición, superar medos, socializar, seguir instruccións, axudarnos...
E por que non, aplicar e recoñecer as MATES na vida!! "Profe, no diploma hai 2 números ordinais!! Claro, xa dixeches que serven para ordear, como por exemplo, os postos nunca carreira". INCRIBLE!! 
Grazas especialmente á profe Bea pola oportunidade e implicación!!
Apertiñas deportistas!!
16 outubro 2026
Festa das 2 centenas!!
Ola peques e familias!!
O primeiro día de curso en primaria comezamos contando os días lectivos!!
Pasiño a pasiño xuntamos UNIDADES que se foron convertindo en DECENAS...
E DECENAS que se foron
convertindo en CENTENAS!!
Ata que fai uns días contabilizamos 2 CENTENAS DE COLE!! É dicir...
Ese día celebramos a FESTA DAS CENTENAS con moitas sorpresas!! A que máis nos gustou foron os MANDALAS xigantes que xa comezan a decorar a aula!!
Traballamos sen darnos conta a paciencia, a motricidade fina, a atención, o traballo en equipo, a relaxación, a creatividade, ...
Pero as MATES estiveron tamén moi presentes en diferentes actividades!! Este xogo manipulativo encantounos!!
Despois tocou trasladalo á libreta!! Primeiro preparamos o guión!!
Despois tocou recortar con moita precisión e organizar todo nun sobre para non perder nadiña!! Sen olvidarnos de deixar todo recollidiño e limpiño!!
Eran moitos pasos que seguir pero despaciño e con moita paciencia e atención conseguímolo!!
Cada vez controlamos mellor a libreta e a presentación tamén mellora!!

No libro tamén seguimos practicando con diferentes actividades!!
E aínda quedan SORPRESAS para as próximas semanas!! Un adianto... pasamos das SOPAS DE LETRAS ás SOPAS DE NÚMEROS!!
Apertiñas matemáticas!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Lectura a escuras!!
Ola peques e familias!! Un dos mellores momentos do Samaín é a actividade da LECTURA A ESCURAS en pixama na biblioteca!! Ao entrar xa nos ...
-
Bo día peques e familias!! O curso arranca e con el damos a BENVIDA a novas e novos peques en PRIMARIA cunha aula ben colorida!! Na clase...
-
Ola peques e familias!! Que emocionante é estar no cole dos maiores!! Cando xa conseguimos que os nervios vaian calmando e que a ILUSIÓN o...
-
Ola peques e familias!! Continuamos coñecendo máis sobre os ANIMAIS coas fotos das nosas MASCOTAS e ANIMAIS FAVORITOS!! Hoxe realizamos un...
























































