29 outubro 2026

Continúa a semana de Samaín!!

 Ola peques e familias!! 

No Samaín é moi importante o traballo dos MEDOS, unha emoción tan válida como as demais, necesaria e importante. Por iso os maiores do cole nos propoñen a actividade da "CAIXA DOS MEDOS"!!

Trátase de escribir os nosos medos nun papel, introducilos na caixa e o día do Magosto os queimaremos para que desaparezan!! Nesta actividade sempre saen reflexións moi interesantes.

Tamén nesta semana nos visitou o mago Teto cun espectáculo de Samaín!! 

Por suposto, non poden faltar os momentos de coñecemento e respecto polas tradicións da localidade polo que a entrega das palomitas é algo moi especial!! 

E as actividades continúan... non perdades detalle das próximas entradas!! 

Apertiñas medorentas!!

1 comentario:

Lectura a escuras!!

Ola peques e familias!!  Un dos mellores momentos do Samaín é a actividade da LECTURA A ESCURAS en pixama na biblioteca!!  Ao entrar xa nos ...