30 maio 2026

Un obradoiro moi interesante!!

Ola peques e familias!!
Fai uns días visitounos a nai de Iván que é operaria nunha fabrica!! 
Explicounos todos os procesos que levan a cabo, as máquinas que usan e os produtos do mar que envasan!! Foi moi interesante!! 
Pero nos gustou aínda máis cando nos fixo esta pregunta!! 
Por suposto, dixemos que si e puxémonos mans á obra!! Repartimos os postos porque tocaba TRABALLAR EN EQUIPO!!  Tiñamos ao barco, ao camión, á xefa, ao encargado de mantemento, aos operarios...todos cunha función importante!! 
Así que primeiro chegou o barco co produto e tocou separar os corpos das cabezas para despois colocalos en bandexiñas coa mesma cantidade!! 
Despois, chegou o envasado e o camión finalmente trasladou o produto listo ao supermercado!!! 
Foi un proceso longo pero rematou con éxito grazas á colaboración de todos/as!! Antes de marchar, clasificamos a súa profesión no sector correspondente e entregámoslle un merecido DIPLOMA!!
Grazas Esther por todo o que preparaches e por todas as aprendizaxes!!
Apertiñas interesadas!!

4 comentarios:

  1. Foi un obradoiro moi divertido.

    ResponderEliminar
  2. Lucas Pazos01/06/26, 09:06

    Gracias mama de Ivan por facernos unha actividad tan chula 💯

    ResponderEliminar
  3. Que pena non poder estar.

    ResponderEliminar
  4. Gracias mamá de Iván polas chuches 🤣🤭, Vega 🫶🏽

    ResponderEliminar

Festa da auga!!

Ola peques e familias!!  Onte tocou despedir o curso e foi unha mañá moi especial chea de sorpresas!! O que máis nos gustou foi a festiña na...