19 maio 2026

Obradoiro pasado por auga!!

Ola peques e familias!!
 Fai uns días tivemos o OBRADOIRO dunha profesión moi necesaria!! A de FONTANEIRO!! Visitounos o pai de Emma e veu cargadiño de cousiñas interesantes na súa furgoneta!!


Primeiro explicounos todas as tarefas que inclúe o seu traballo ademais de as dúas opcións de onde pode proceder a auga que chega ás nosas casas: da traída ou do pozo!! 

Tamén coñecemos distintos tipos de TUBOS, algo esencial no seu traballo!! 

Enseguida, abriu a súa caixa de ferramentas e comezou a sacar MÁQUINAS coas que traballa o cal nos vén moi ben para introducir o próximo tema que imos a comezar a estudar a próxima semana!! 

Ensinounos varias ferramentas MANUAIS (que funcionan coa nosa forza), como varios tipos de TESOIRAS que serven para cortar materiais diferentes!! 

Tamén coñecemos MÁQUINAS AUTOMÁTICAS que funcionan con electricidade como un taladro ou dous tipos de láser. 

Un dos temas máis importantes que tratamos foi o das medidas de seguridade que son imprescindibles!!

E faltaban dúas cousiñas, un EXPERIMENTO no que puidemos comprobar como chega a auga dun pozo (neste caso unha caixa de plástico) ás nosas casas, por exemplo, á ducha!! Foi moi interesante, emocionante e divertido!!

 E rematamos vendo un vídeo de cando traballaba noutro país. Xa sabedes... carcamáns polo mundo!!


Como dixo que atenderamos moito e xa eramos uns expertos/as agasallounos cuns carnés de fontaneiros/as moi chulos e divertidos e algún detalliño máis!!


Nós despedímolo pedíndolle axuda para clasificar a súa profesión que, neste caso, ofrece SERVIZOS e entregándolle un merecido DIPLOMA!!


Moitas grazas por todo o que preparaches para nós e polo ben que o pasamos e o moito que aprendemos!! 

Apertiñas agradecidas!!

3 comentarios:

  1. Encantoume o experimento, Vega

    ResponderEliminar
  2. O mellor de todo o experimento ,eo super láser ,encantoume ser fontanera.❤️🖤

    ResponderEliminar
  3. Foi un obradoiro mío divertido.

    ResponderEliminar

Un obradoiro moi interesante!!

Ola peques e familias!! Fai uns días visitounos a nai de Iván que é operaria nunha fabrica!!  Explicounos todos os procesos que levan a cabo...