17 maio 2026

Día das Letras Galegas!!

 Ola peques e familias!! 
Hoxe é un día moi importante!! 
É o día da nosa lingua, do GALEGO!!
No cole e na nosa aula xa levamos unhas semaniñas profundizando sobre este día!! Comezamos lendo o libriño que nos agasallou Libria titulado: "Bego e o mundo do revés", e acudindo a o seu espectáculo!! 
Despois participamos na preciosa actividade MAREA DE PEIXES, na que decoramos uns preciosos peixes e despois escribimos neles a nosa palabra favorita en galego que decidimos en familia!! Agora atópanse colgados na biblioteca municipal!!
Tamén lemos contos relacionados con este día e coñecemos máis sobre a figura de Begoña Caamaño!!
 Realizamos algunha actividade e tivemos a sorte de contar con Sara que foi profe do noso cole e amiga de Begoña Caamaño. Os seus antigos/as alumnos/as realizáronlle unha entrevista ben interesante!! 
Aquí queda o enlace!!
Para rematar, tivo lugar a publicación un curso máis da REVISTA CARCAMÁN!! Nos vos perdades detalle e buscade ben o noso artigo!! 
Tamén nas últimas páxinas podedes atopar unha entrevista moi especial que realizamos hai tempo á tía da nosa compi Leire como boa "CARCAMANA POLO MUNDO"!!
E recordade que: 
O DÍA DA NOSA LINGUA, 
DEBE SER TODOS OS DÍAS!! 
Apertiñas galegas!!

3 comentarios:

  1. Lucas Pazos19/05/26, 11:11

    E que viva a nosa lingual! Q bonitos quedaron todos os peixiños 🐠🐟

    ResponderEliminar
  2. Gustame pintar os peixes

    ResponderEliminar
  3. me gustou a actividade dompeixe moi chula.❤️

    ResponderEliminar

Un obradoiro moi interesante!!

Ola peques e familias!! Fai uns días visitounos a nai de Iván que é operaria nunha fabrica!!  Explicounos todos os procesos que levan a cabo...