Que afortunados/as somos por ter unha familia!! E o mellor de todo é que todas son diferentes!! Iso puidemos descubrir no libro que comezamos a contar hoxe na biblio!! Tamén fixemos unha actividade para sorprender nas nosas casiñas!! Foi precioso axudar aos peques a expresar con palabras o que sinten cara os seus seres máis queridos!! E saíron preciosidades tan emocionantes como estas!!
Xa levamos falando disto uns cantos días e axudounos moito o seguinte contiño!! Nel un "pitiño moi valente" fai todo o posible para axudar á súa FAMILIA!! Cando o consegue a súa nai non pode estar máis orgullosa del!! É unha historia preciosa que ademais está noutro idioma: en PORTUGUÉS!!
Grazas á familia da nosa clase que viaxou a Portugal e nolo trouxo de agasallo seguindo a liña do noso proxecto "CARCAMÁNS POLO MUNDO"!! Agradecemento tamén a todas as familias que aportades tanto cada día na aula!! Pode ser a través de agasalliños como o anterior ou en forma de merenda coma o que nos chegou hoxe!! Ademais, moi saudable e rica!! Tanto nos gustou que os/as peques pediron que a receita quedase por aquí!!
Pero tamén temos moito que agradecervos pola vosa colaboración sempre para calquera actividade!! Dende crear xuntos/as un museo de máquinas antigas, como contarvos as vosas historias do pasado que nos están encantando como compartir o voso tempo con nós en cada OBRADOIRO DE PROFESIÓNS!! E por enriba sorprendernos!! Tamén á profe!!
Ben merecido o DIPLOMA que hoxe recibistes!!
Mil grazas de verdade por traballar en equipo!! É a mellor forma de aprender e medrar!! Apertas familiares!!
Me encantou facer o diploma para a miña familia, e a tua foto de fontanería, 🤣. Vega
ResponderEliminarA miña nai encantoulle o regalo da familia!!!!! Gracias yosua polos regalos eran moi originales
ResponderEliminar❤️❤️
ResponderEliminar❤️🖤😍
ResponderEliminar