26 abril 2026

Obradoiro de bateeiros!!

Ola peques e familias!! 

O pasado venres tivemos un obradoiro de familias que tivemos a sorte de disfrutar no pantalán do Xufre!! Alí nos esperaban os pais de Vega, Lara e Lucas Otero para ensinarnos o seu traballo!! 

Ensináronnos a corda onde os cultivan, o cepillo que utilizan para sacalos da mesma e a cesta  onde os recollen para despois volcalos no barco. 

Neste momento, puidemos subir ao barco para ver como suben polo tornillo que os leva a unha máquina para agrupalos en sacos para a súa venda. 

Encantounos descubrir moitos animaliños do mar entre os MEXILÓNS e coñecer todo o barco, especialmente, o timón!!

 Ademais, tíñannos preparados uns agasalliños!!

 Ao rematar, visitamos o barco da familia de Lucas Otero e recunchos interiores do mesmo!! 

Finalmente, puxemos rumbo ao Cabodeiro onde merendamos, xogamos no parque e aproveitamos para distinguir en persoa dúas plantas con flores moi parecidas das que falaramos na aula: a flor do toxo (chorima) e a da xesta. Encantounos descubrilas!! 

Ao volver ao cole tiñamos unha sorpresa!! A merendola rematou cuns mexilóns cocidos que estaban boísimos!! 

Clasificamos a profesión nas que traballan na NATUREZA e mandamos un DIPLOMA para os tres pais!! 

Moitísimas grazas por esta experiencia tan enriquecedora que fai que nos acheguemos a unha profesión moi importante na nosa contorna!!

 Apertiñas bateeiras!!

4 comentarios:

  1. Gustoume salvar animaliños do mar,unha excursión moi chulo ,❤️🖤,moitas grazas aos papas por esta actividad tan especial.

    ResponderEliminar
  2. Lara Oubiña27/04/26, 07:07

    Unha excursión moi bonita , e na que seguro que aprenderon moito !!! Tuvemos q andar moito mama para ver a papá 🤣🤣🤣

    ResponderEliminar
  3. Me encantou ir ao barco de meu pai 🛳️💙

    ResponderEliminar
  4. Lucas Pazos05/05/26, 11:36

    Estuvo moi guay esta salida, gracias os papas de Vega, Laura e Lucas Otero por enseñarnos o seu traballo⛴️🛥

    ResponderEliminar

Obradoiro cun medio de transporte!!

 Ola peques e familias!!  Que sorte tivemos de que un medio de transporte entrara no noso patio!!  Visitounos o pai de Lucas que é TAXISTA !...