Ola peques e familias!!
Seguimos con esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! O sexto protagonista da semana foi Thiago!! Sempre comezamos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!!
Neste caso, moitos recordos bonitos de cando era bebé e da súa etapa en educación infantil.

Tamén fotos importantes e os seus xogos e obxectos favoritos moi relacionados cunha das súas paixóns: o fútbol!!
Trouxo un contiño tamén sobre a mesma afición no que el mesmo xunto cun compi son protagonistas!! Contouno medio de memoria-medio lendo!! É impresionante como se nota a melloría na lectura xa e a motivación que teñen!!
Thiago tamén nos ensinou un vídeo especial e nos presentou a parte da súa familia con dúas fotiños moi bonitas!!
O que non esperaba era que o seu irmán o visitaría na aula!! VAIA SORPRESÓN LEVOU!!
Grazas Thiago por compartir todo con nós!! Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDO PROTAGONISTA!!
Apertiñas emocionadas!!
Que guay a semana de Thiago!! César
ResponderEliminar👋🏻⚽️ Me gustó mucho Thiago
ResponderEliminar