07 febreiro 2026

Séptimo protagonista da semana!!

Ola peques e familias!! 

Seguimos con esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! O sexto protagonista da semana foi Thiago!! Sempre comezamos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!! 

Neste caso, moitos recordos bonitos de cando era bebé e da súa etapa en educación infantil.

 Tamén fotos importantes e os seus xogos e obxectos favoritos moi relacionados cunha das súas paixóns: o fútbol!!

Trouxo un contiño tamén sobre a mesma afición no que el mesmo xunto cun compi son protagonistas!! Contouno medio de memoria-medio lendo!! É impresionante como se nota a melloría na lectura xa e a motivación que teñen!!

Thiago tamén nos ensinou un vídeo especial e nos presentou a parte da súa familia con dúas fotiños moi bonitas!! 

O que non esperaba era que o seu irmán o visitaría na aula!! VAIA SORPRESÓN LEVOU!!

Grazas Thiago por compartir todo con nós!! Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDO PROTAGONISTA!! 

Apertiñas emocionadas!!

2 comentarios:

Obradoiro dunha nai banqueira!!

Ola peques e familias!!  Como estamos cos EURO S que mellor que invitar a unha experta!! A semana pasada visitounos a nai de Lucas que é BAN...