26 febreiro 2026

Rima que rima!!

Ola peques e familias!! 

Semanalmente acudimos mínimo unha horiña á BIBLIOTECA e nos encantan esas visitas!! 

O tempo de lectura libre 

é dos nosos favoritos!!

 Pero cando a mestra nos fai un CONTACONTOS tamén nos gusta moito!! Como levamos unhas semanas traballando a POESÍA e aprendendo máis sobre as RIMAS a mestra nos tiña preparado un conto ben diferente e divertido!!

 Ela tamén se riu tanto que ata grabou do revés!! Pero o vídeo merece a pena escoitalo igualmente!! 

Era a segunda vez que o contabamos pero nunca nos cansariamos de... "RIMAR" con esas palabriñas!!jiji! Estamos tan motivados/as coa POESÍA que levamos da biblio para a aula unha caixa cheíña de libros deste xénero!! E xa aprendemos como se etiquetan eses libros na biblioteca e así xa podemos buscalos nós!! É moi sinxelo e ten sentido: 82-P!!

 Apertiñas lectoras!!

4 comentarios:

  1. Ese conto era maravilloso e facia rir ata a un oso moi loco, Vega Otero

    ResponderEliminar
  2. Ese conto de rimas fai reír moito 🤣🤣

    ResponderEliminar
  3. Lara Oubiña02/03/26, 05:53

    A min gustarome o de rima que rima ,e o de topito terremoto 😃😃😃

    ResponderEliminar
  4. Apertiñas graciosas,que ben onpasamos coa lectura.❤️🖤😘💛

    ResponderEliminar

Oitava protagonista da semana!!

Ola peques e familias!!  Seguimos con esta actividade  na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e m...