Ola peques e familias!!
Esta semaniña retomamos as nosas VIAXES COA IMAXINACIÓN!! Comezamos recordando os nomes e situación dos CONTINENTES!!

No primeiro trimestre viaxaramos a México que se atopa no continente Americano grazas aos libriños e ás fotos que nos trouxera Lucas da súa viaxe!!
Aprendemos moitas cousas sobre ese lugar ademais de aprender un baile chulísimo coa profe Patri!!
Agora toca centrarnos e coñecer un pouquiño máis o noso continente que é... EUROPA!! E, por suposto, o noso país: España!!
Así que grazas novamente a unha MALETIÑA chea de información coa que apareceu o mono Bono puxémonos a investigar e aprender!!
Concretamente a nosa viaxe comezou con BÉLXICA aproveitando que a nosa compi Vega agasallou a Libria cun libro deste lugar que está en FRANCÉS!!
Tocou situala no mapa!!
Tamén aprendemos a súa bandeira!! 
Aproveitamos a viaxe para visitar outros lugares que nos interesaban moito e aprender máis sobre eles!! Grazas a este tema xurden momentos espontáneamente na aula que son ouro!!
Grazas a Thiago por compartir con nós a súa chulísima bóla do mundo e Lucas o seu incrible ATLAS de animais!! A Libria gustoulle tanto que xa encargou un para a biblio!! E tamén xurden instantes de axuda e traballo en equipo incribles!!
Estade atentos/as que prontiño teredes unha entrada cheíña de xogos sobre este tema!!
Apertiñas viaxeiras!!
Que way gustannos moito os xogos, e os vídeos Vega ☺️❤️💕🙂
ResponderEliminarDa gusto ver como aprenden xogando e o divertido que é verse na pantalla.
ResponderEliminar👌🏻🤟🏻❤️
ResponderEliminar