13 setembro 2026

Un pouquiño de todo!!

Ola peques e familias!! 

A primeira semana de curso sempre combina diferentes actividades!! Comezamos a introducirnos nalgún dos temas deste curso: O CORPO HUMANO!! Cun xogo motivante no que debían ordear as letras dalgunhas partes do corpo, repasamos as que xa sabiamos e introducimos algunha nova!! 

Foi un RETO establecer os pasos e normas para un bo traballo en equipo!! Tamén seguir as instruccións por orde da mestra para que o traballo saíse o mellor posible!! Como non podía ser doutra maneira, o logramos con éxito!! 


Coma sempre, a expresión oral formou parte importante da tarefa!!


Tamén nos encantou recordar como traballabamos o primeiro mes do curso pasado, por iso collemos a libreta para comprobalo!! Ademais, reproducimos a primeira páxina dese curso co nivel experto que xa temos un aniño despois!! A diferenza é notable o cal é unha boísima sinal!!


 Despois de traballar ben, a recompensa foi un rato moi longo de xogo libre onde descubrimos xogos novos!! 

A próxima semana máis!! 

Apertiñas emocionadas!!

3 comentarios:

  1. Me gustou moito facerlle un regalo a Ali, Vega Otero

    ResponderEliminar
  2. Iago Padin Cardalda15/09/26, 07:53

    Justame moito aprender contigo Ali.

    ResponderEliminar
  3. Lucas Pazos21/09/26, 07:58

    Que ben nos enseñas profe😍

    ResponderEliminar

Lectura a escuras!!

Ola peques e familias!!  Un dos mellores momentos do Samaín é a actividade da LECTURA A ESCURAS en pixama na biblioteca!!  Ao entrar xa nos ...