20 xaneiro 2026

A maxia da lectura!!

Ola peques e familias!! 

Hoxe queriamos falarvos sobre un momento máxico que ocorre cada día na aula despois do recreo: A HORA DE LECTURA!! Preguntádesvos por que ocorre a maxia?? Grazas aos LIBROS, por suposto!! Con eles coñecemos animais reais e outros que forman parte de historias imaxinadas!! 

Os libros tamén nos permiten xogar e rir a gargalladas!! 




Os libros poden converterse nun divertido concurso de adiviñas!! 

Sen esquecer que os libros nos permiten VIAXAR!! Estes días estamos descubrindo diferentes tipos de ATLAS e estamos fascinados!!

 Coñecemos animais dos diferentes continentes e buscamos países que nos interesan!! 

Estes días andivemos na busca de COLOMBIA xa que é un país que terá moita importancia no ENTROIDO este curso!! 

Tamén a mestra nos trouxo uns "libriños" da nosa localidade. Non paramos de descubrir cousas novas da nosa querida Illa de Arousa!!

GRAZAS LIBRIA por encher a biblioteca, as aulas e as nosas casiñas de libros tan estupendos!! E aos compis que traen libros á aula para compartir!!

E recordade que 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!

5 comentarios:

  1. Da gusto ver como disfrutan

    ResponderEliminar
  2. Gustoume moito facer o concurso,que ben o pasamos.Carme.

    ResponderEliminar
  3. Gustaron me as cousas do blog Vega

    ResponderEliminar
  4. Lucas Pazos21/01/26, 12:33

    Gustoume moito o concurso das adivinanzas 🤗

    ResponderEliminar
  5. Cómo me gustou facer as adivinanzas con Carme ❤️

    ResponderEliminar

Visitounos unha... nai CONTABLE!!

 Ola peques e familias!!  Esta semana tamén retomamos os OBRADOIROS DE FAMILIAS !! Aproveitando que na aula e tamén coa teacher Olalla empre...