Como sabedes, levamos semaniñas aprendendo moito sobre alimentación saudable!! E que mellor que un OBRADOIRO cheo de FROITA??
Seguimos tamén co tema das profesións polo que misturando todo... recibimos a visita da nai de Vega que é FROITEIRA!!
Veu cargadiña literalmente!!
Ata froita tropicais trouxo!!
Puidemos coñecer máis de cada froita, as súas características, propiedades, ulilas e, incluso, a procedencia!! Que ben nos veu para o proxecto deste curso no que viaxamos arredor do mundo!! Aprendemos tamén a importancia das froitas de temporada!!
Isto foi a través dun xogo de preguntas... con premios que eran pegatinas de froitas!!
Para rematar, invitounos a unha rica e saudable MERENDOLA onde probamos de todo!!
Ata nutella saudable, guacamole... non faltou detalle!! Descubrimos sabores que nos encantaron!!
E falando de detalles, trouxeron uns bolis e uns chaveiros moi "saudables" para nós!!
Antes de marchar, agasallamos a Fina cun merecido DIPLOMA e clasificamos a súa profesión nas que prestan SERVIZOS!!
Moitas grazas pola túa visita!! Aprendemos un montón, merendamos rico e saudable e pasámolo xenial!!
Me encanta o que pos no bloc, me gustou moito que viñera a miña mamá, recupérate pronto, bicos Vega Otero 😊😁😍🥰
ResponderEliminarAmin tamen me gustou moito ir, repetiremos seguro ❤️, Mamá de Vega
ResponderEliminarQue rico estaba todo!! Moitas gracias a mamá de Vega!🤗🤤
ResponderEliminarEncantoume que viñera a Mama de Vega,foi un día xenial.Carme.
ResponderEliminar