22 decembro 2025

Festa de Nadal!!

Ola peques e familias!! 
Co fin de trimestre chegou a tan esperada celebración do Nadal no cole!! Comezamos cunha merendola de chocolate con rosca xuntos/as no patio que continuou co FIN DE ANO ESCOLAR!! 
Vivimos as badaladas xunto a todo o cole vestidos/as de gala e comendo gusanitos!!
 A continuación, tivemos un looongo recreo que rematou nunha gran festa na aula!! 
E o día chegou ao seu fin cunha grande ACTUACIÓN DE TODO O ALUMNADO E PROFESORADO DO CENTRO onde percorremos o MUNDO a través de cancións típicas destas datas!! Nós viaxamos a África!! Foi un momento precioso!! E aproveitamos para dar as GRAZAS á profe María por estas semaniñas con nós!! 
E coa visita da profe Ali despedimos este trimestre desexando pasar os que nos quedan xuntiños/as e con moita saúde!! 
BO NADAL!! 
Apertiñas emocionadas!!

2 comentarios:

  1. Que fotos mais chulis e que collares mais chulos nos dixeron os nosos papas,, vemonos a volta . Boas festas Vega Otero e familia!

    ResponderEliminar
  2. Que chulas as fotos ,volta a rutina ,e con mais forza o segundo trimestre.Carme ❤️

    ResponderEliminar

Oitava protagonista da semana!!

Ola peques e familias!!  Seguimos con esta actividade  na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e m...