Ola peques e familias!! Co fin de trimestre chegou a tan esperada celebración do Nadal no cole!! Comezamos cunha merendola de chocolate con rosca xuntos/as no patio que continuou co FIN DE ANO ESCOLAR!! Vivimos as badaladas xunto a todo o cole vestidos/as de gala e comendo gusanitos!! A continuación, tivemos un looongo recreo que rematou nunha gran festa na aula!! E o día chegou ao seu fin cunha grande ACTUACIÓN DE TODO O ALUMNADO E PROFESORADO DO CENTRO onde percorremos o MUNDO a través de cancións típicas destas datas!! Nós viaxamos a África!! Foi un momento precioso!! E aproveitamos para dar as GRAZAS á profe María por estas semaniñas con nós!! E coa visita da profe Ali despedimos este trimestre desexando pasar os que nos quedan xuntiños/as e con moita saúde!! BO NADAL!! Apertiñas emocionadas!!
E coa visita da profe Ali despedimos este trimestre desexando pasar os que nos quedan xuntiños/as e con moita saúde!!
BO NADAL!!
Apertiñas emocionadas!!




Que fotos mais chulis e que collares mais chulos nos dixeron os nosos papas,, vemonos a volta . Boas festas Vega Otero e familia!
ResponderEliminar