07 novembro 2025

Primeira PROTAGONISTA DA SEMANA!!

Ola peques e familias!! 

Esta semana comezamos esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! Neste caso tocoulle a CARME!! 

Sempre comezaremos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!! Neste caso, un peluchiño, o chupete de bebé, fotos importantes ou o xoguete e conto favoritos!! 

Ese conto tamén tivo un lugar importante xa que o lemos na aula para compartilo cos compis!! Nesta caso, animouse ela mesma!!

 Ademais, Carme presentounos a parte da súa familia con dúas fotiños moi bonitas!!

 Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDA PROTAGONISTA!! 

Apertiñas emocionadas!!

7 comentarios:

  1. Que bonito Carme! Encantanos a tua caixiña , Vega e a sua mama

    ResponderEliminar
  2. Lucas e Laura08/11/25, 04:40

    Teño moitas ganas de levar a miña caixa. Gustoume moito que viñera a familia de Carme.

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moito ver a caixiña de Carme con todas esas fotos!

    ResponderEliminar
  4. Encantame as fotos ,q pena q Lara nn pudera disfrutar d todo eso !! 😞

    ResponderEliminar
  5. Foi unha semana moi especial ,encantoume contarlle a todos un pouquiño da miña historia.Moitas grazas Profe Ali,por este tipo de actividades.🥰❤️😘

    ResponderEliminar
  6. Lucas Pazos16/11/25, 10:58

    Gustoume moito a caixa d Carme ❤️

    ResponderEliminar

Un obradoiro moi saudable!!

  Ola peques e familias!!  Como sabedes, levamos semaniñas aprendendo moito sobre alimentación saudable!!  E que mellor que un OBRADOIRO che...