16 novembro 2025

As viaxes da MOCHILA VIAXEIRA!!

 Ola peques e familias!!
A MOCHILA VIAXEIRA non deixa de visitar casas!! Algúns compis xa gozaron das súas lecturas e puidemos pillar algunhas das súas cariñas de ilusión!!

Entre os libros favoritos 

hai un que está triunfando!! 

A verdade que este gatiño é ben gracioso e é unha boa opción para comezar coa lectura en MAIÚSCULAS tanto en castelán como en galego e en formato cómic!! 

O que tamén está triunfando 

é o LIBRO DE RECEITAS!! 

Todas/os polo de agora nas súas casas están facendo varias receitas!! Encántanos ver as fotiños que nos mandan de súpercociñeiros/as!! É unha marabillosa actividade para facer en familia aprendendo e disfrutando de novos sabores e pratos!! Fideos chinos, pizza italiana, pasteis de Belén de Portugal, pancakes americanos, empanadas arxentinas, faxitas mexicanas e sushi de China!! Vaia VIAXE GASTRONÓMICO!!



Ata algúns as trouxeron á aula para compartir!! Grazas a iso probamos receitas xa de varios países e comezamos a viaxe gastronómica polo mundo!! Dende "empanadas arxentinas", pasando por "hummus" e rematando con "pancakes" (tortitas americanas)!!

  Todo isto recollémolo na libretiña que vai na mochila e un dos nosos momentos favoritos é compartilo cos nosos compañeiros/as!! 

Está resultando unha actividade marabillosa tamén grazas á vosa colaboración familias!!

 Apertiñas gastronómicas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

As viaxes da MOCHILA VIAXEIRA!!

  Ola peques e familias!! A MOCHILA VIAXEIRA non deixa de visitar casas!! Algúns compis xa gozaron das súas lecturas e puidemos pillar algu...