17 outubro 2025

Semana de contacontos!!

Ola peques e familias!! 
Esta semana foi moi, moi especial!! Libria preparounos xunto coa colaboración do Concello e da ANPA dous CONTACONTOS que nos encantaron!! 
O primeiro foi co gran Caxoto!! 
O tema da igualdade estivo moi presente entre as personaxes dos contos clásicos!! No seu blog Libria volo conta todiño!!
O seguinte contacontos foi da man da grandísima Paula Carballeira que nos foi preparando para o Samaín coas súas dotes estupendas de contacontos e actriz!! 
Aquí podedes ver toda a actividade:
Estamos moi agradecidos/as por estas estupendas actividades!! Animádevos a deixarlle algún comentario no blog de Libria!! Encántalle recibilos!!
Apertiñas contadoras!!

3 comentarios:

  1. O contó e moi divertido, Vega Otero

    ResponderEliminar
  2. A Ian gustoulle moito a visita de Paula carballeira !!

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moito a visita dos contacontos, Paula Carballeira foi moi divertida.

    ResponderEliminar

Experimentamos e aprendemos coa ROBÓTICA!!

 Ola peques e familias!!  Este trimestre temos unha grande novidade!! Estamos aprendendo ROBÓTICA !!  Comezamos aprendendo que é un ROBOT, o...