30 outubro 2025

Festa do Samaín!!

Ola peques e familias!!

 E co final da semana chegou a FESTA DO SAMAÍN!! 

Viñemos ao cole disfrazados/as e fixemos unha fotiño moi terrorífica!! 

Trouxemos cabazas decoradas desta temática e visitamos as exposicións de todo o cole!! 

Os máis atrevidos/as quixemos visitar os tuneis dos maiores (que agradecemos que adaptaran a nós!) 

Como algúns querían algún sustiño máis... subimos a intensidade cun profe-monstruoso moi divertido!!

Tamén disfrutamos dunhas MERENDAS BEN TERRORÍFICAS que compartimos cos compis de 1ºA!!

E ata tivemos tempo de contar DECENAS!!

Mil grazas familias pola gran colaboración unha vez máis!! Ata merendas con opcións saudables!! Sodes o máis!! Foi un día terroríficamente estupendo!! Non vos perdades na anterior entrada os días previos!!

Apertiñas medorentas!!

3 comentarios:

  1. Carme gustoume moito ir o túnel dos maiores, doume un pouco se medo.

    ResponderEliminar
  2. Encantoume a Festa de Samain , Vega Otero

    ResponderEliminar

Apadriñamentos lectores!!

Ola peques e familias!!  O mes pasado no Día das Bibliotecas Escolares Libria presentounos unha actividade preciosa: OS APADRIÑAMENTOS LECTO...