Ola peques e familias!!
Levamos unhas semaniñas coñecendo o noso COLEXIO!! Está cheo de corredores e espazos por descubrir como a BIBLIOTECA, a RADIO ou o PATIO!!





Pero tamén é moi importante coñecer aos diferentes MEMBROS PERSOAIS que fan posible que o cole funcione!! Por iso realizamos unha investigación!! O primeiro foi invitar á aula a Raquel, a conserxe, que nos explicou o seu importante traballo e nos mostrou todas as chaves que ten... alucinamos!!
Despois baixamos aos despachos de administración, secretaría, xefatura de estudos e dirección. Alí atópanse as persoas que organizan e dirixen o cole para que todo funcione o mellor posible!!
Toño é o secretario, Patri a xefa de estudos e tamén a nosa mestra de música, José Luis é o administrativo e Alberto o director.
Nos recibiron encantados/as e nos explicaron cales eran as súas funcións!!
Por exemplo, Toño xusto estaba repoñendo o material que faltaba nun armario.


José Luis organizaba todos os teléfonos das familias para que estén preparados para chamalas cando sexa necesario.
A Patri coincidiulle que estaba dando clase de música pero antes estivera organizando unhas actividades moi chulas que pronto disfrutaremos!!
E Alberto ensinounos todo o traballo que tiña por diante enriba da súa mesa!!
Con toda esta información xa estabamos preparados para completar e rematar o MURAL que comezaramos para introducir o tema.




Así de ben quedou!!
Que importante é coñecer o nome e funcións da nosa "familia do cole" e valorar e agradecer o traballo e aportacións de cada un/unha deles/as!! Incluídas vós, familias!! Aquí un dos moitos detalliños que fan que esteades presentes!! E a marabilla de pregunta desta nena: "Profe, como se escribe grazas?" Sobran as palabras...
Apertiñas investigadoras!!
Alégrome de que saíse a miña nota, a miña nai, fixo moita ilusión, vela no blog. Agardo a próxima aventura.
ResponderEliminarCómo nos gustan as notas das nosas mamás na merenda. A miña irmá Lara xa as levaba sempre e tamen lle gustaban moito. Que chulo coñecer como funciona o cole, e tamen nos gusta moito a nosa profe de música , Vega Otero
ResponderEliminarIr ó cole así da gusto, e ver a Lucas tan feliz á volta é increíble.
ResponderEliminar