13 outubro 2025

A mochila viaxeira xa comezou as súas viaxes!!

Ola peques e familias!! 
Libria nunca para de sorprendernos e fai uns días mandounos unha carta que viña acompañada dun agasallo: 

A MOCHILA VIAXEIRA!! 

Esta mochiliña xa comezou a viaxar ás casas!! O primeiro en levala foi Mateo que disfrutou moitísimo da lectura dos contos!! 

Tamén fixo un montón de RECEITAS do libro dos diferentes países e ata nos trouxo o HUMMUS, alimento típico de México para probar!! Moitos/as nos animamos a probar e varios encantounos!!



Mil grazas por compartir con nós o cociñado!! O proxecto só acaba de arrancar e por momentos como estes de coñecer alimentos doutros países, aproveitar para coñecer máis cousiñas deles e probar novos alimentos saudables xa merece a pena!!
E, para rematar, a mochila leva unha libretiña cunhas indicacións:
Mateo plasmou o seu libro e a súa receita favorita!! 
A seguinte viaxe vai a parar a casiña de Iván!!
 Xa nos contarán que tal lle foi por alá!! 
E como di Libria, 
recordade que: 
"UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO". 
Saudiños lectores!!

5 comentarios:

  1. Que ganas de que sea o meu turno e levar a mochila viaxeira para a miña casa!!

    ResponderEliminar
  2. Desexando levar a mochila para a 🏠 .

    ResponderEliminar
  3. Que gañas de levar a mochila!!!

    ResponderEliminar
  4. Que ilusión traer a mochila para casa!! Pero empezou polo final Ainda me keda moito 🤣🤦

    ResponderEliminar
  5. Desexando poder traer a mochila! 🤗

    ResponderEliminar

Semana de contacontos!!

Ola peques e familias!!  Esta semana foi moi, moi especial!! Libria preparounos xunto coa colaboración do Concello e da ANPA dous CONTACONTO...