Ola peques e familias!!
Esta semana a mestra presentounos a dous amiguiños que nos acompañarán na aula este curso!! O primeiro deles coñecémolo a través dun conto!!

Resulta que o mono Bono quixo ir á escola pero... non coñecía as normas, polo que tiveron que contarllas pero como é moi listiño pronto as soubo aplicar!! Ademais, a mestra deulle unha preciosa estrela!!

Aquí vos deixamos o videoconto no seguinte enlace:
VIDEOCONTO MONO BONO
Aquí podedes intentar lelo en familia!!
Gustounos tanto o conto e esta personaxe que coloreamos moi concentrados un debuxiño del!! Foi un momento estupendo para ir familiarizándonos co material, coas normas de traballo concentrados/as e probar a poñer de fondo música relaxante. E sabedes que? En momentos como o deste vídeo comezou a funcionar xenial!!
Así de bonitos quedaron e xa decoran a nosa aula!!
Ao día seguinte... a mestra díxonos que quería distribuírnos por grupos pero non lle dou tempo, pero xa se encargou este pequeno moniño!! Mirade o cambio...
...e as nosas reaccións!! Estabamos alucinados/as ao tempo que non podiamos parar de rir!!
Fíxonos un bo favorciño pero tamén... apareceu observándoo todo dende ben arriba!! Ains mono Bono... que tremendo eres!! Baixa de aí que "vas caer"!!
A outra personaxe que coñecemos presentarémola nunha nova entradiña!! Aínda que como pista... xa tedes un debuxiño dela nos marcapáxinas que chegaron á casa nas axendas!!
Apertiñas travesas!!
Que traviesa profe Ali, fostes ti di Vega Otero.
ResponderEliminarQue travieso mono Bono, pero que divertido tamen, Temos uns artistas