mércores, 28 de maio de 2025

Obradoiro de papiroflexia!!

Ola peques e familias!! 
Os OBRADOIROS dos nosos AVOÍÑOS E AVOÍÑAS están chegando ao seu fin!! A semana pasada visitounos o AVÓ DE SOFÍA!! 
Chegou cargadiño de papeis de cores e outros documentos cheos de pasos para crear coas nosas mans!! 
Veu a ensinarnos PAPIROFLEXIA!! Foi unha xornada marabillosa onde puidemos coñecer de primeira man unha das maneiras que tiñan antes de entreterse e pasalo ben que por sorte aínda algo se conserva!! Tamén aumentamos a nosa paciencia!! Unha imaxe preciosa da mañá, sen dúbida, foi ver como @s peques disfrutaron no patio tanto cos avionciños de papel!! Porque menos é máis!! 
Tamén como os seguintes días a papiroflexia está presente continuamente polos recunchos do cole!! 
  No seguinte enlace podedes ver todo!!
Foi estupendo escoitalo e aprender tanto!! Antes de marchar, démoslle o seu merecido DIPLOMA e un gran aplauso!! 
Mil grazas polo voso tempo e adicación!! 
Apertas emocionadas!!

4 comentarios:

  1. Ola son Nora me encantou facer papiroflexia .Boas noites

    ResponderEliminar
  2. Ola son Hugo gustoume moito facer papiroflexia co meu vecino, o avó de Sofía, e ir o patio a xogar cos avions de papel. Un saúdo✈️🛩️✈️🛩️✈️🛩️

    ResponderEliminar
  3. Ola, son Valentina, Pasamolo moi ben co avó de Sofia!! Apertas e bicos lectores

    ResponderEliminar
  4. Ola, encantoume facer papiroflexia pero o que mais facer avions e as ras. Chao Carmen ✈️🛩️✈️🛩️🐸🐸🐸🐸!!!

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...