martes, 8 de abril de 2025

Obradoiros de xogos tradicionais!!

Ola peques e familias!! 

Este trimestre estivo cheo de OBRADOIROS DE TRADICIÓN ORAL grazas aos nosos avoíños e avoíñas!! Canto aprendemos e que ben o pasamos!! Fai unhas semaniñas visitáronnos os avós de Martín e Roi que viñeron a compartir con nós os XOGOS cos que pasaban o tempo de pequenos!! 

Encantounos escoitalos e ver as fotiños que trouxeron!! 

Pero o mellor de todo foi xogar con eles!! 


No seguinte enlace tedes un vídeo resumo da visita: 

CARCAMÁN TV

Fixémoslle entrega do merecido diploma e eles tamén nos fixeron uns agasalliños!! Que afortunados somos!!

Grazas pola vosa colaboración, paciencia e agarimo!! 

Apertiñas agradecidas!!

4 comentarios:

  1. Ola son Icía, encantaronme os xogos do avo de Roi e do avo de Martín encantoume o xogo do pañuelo. Apertas xoguetonas.

    ResponderEliminar
  2. Ola son Hugo gustoume moito os xogos do avó de Roi e o de Martín e o xogo que máis me gustou foi a billarda. Un saúdo

    ResponderEliminar
  3. Ola, son Valentina gustame moito cando nos visitan os avoiños. Bicos para todos. Chao

    ResponderEliminar
  4. Ola son Enma, de todos os xogos que nos ensinaron o meu favorito foi o pañuelo.chao

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...