xoves, 17 de abril de 2025

Aniversarios de Nadal e do segundo trimestre!!

Ola peques e familias!! 

Este trimestre festexamos varios aniversarios!! Comezamos cos de Nadal!! Enma e Alba trouxeron dous superbiscoitos para compartir!! Alba rematou o ano cumprindo 7 aniños e Enma comezouno estreando os 8 na nosa aula!! PARABÉNS ÁS DÚAS!!

Xa no mes de marzo continuamos coa celebración dos aniversarios de Alén, Vera, Breixo e Hugo!! 

Viñeron cargadiños de tortas riquísimas e agasalliños!! PARABÉNS A TODOS/AS!! E no mes de Abril cumpriu Roi que quixo festexar o seu día con nós antes das vacacións!! Grazas por esa torta deliciosa e polas prantiñas que coidaremos ben á volta!! PARABÉNS COMPI!!

E con esta entrada despedimos o segundo trimestre con OBRADOIROS DE AVOÍÑOS/AS pendentes de contarvos e moito máis nuns diíñas de novo!! 

FELICES VACACIÓNS 

E FELIZ DESCANSO!!

Apertiñas golosas!!

4 comentarios:

  1. Ola son Icia, encantaronme os aniversarios sobre todo as tortas estaban riquísimas e os agasalliños que nos trouxeron. apertas.

    ResponderEliminar
  2. Ola son Enma, encantáronme os biscoitos e sobre cumplir 8 anos. Chao.🍰🎂🥧💋🫶🏻✨😍🥳🫦❤️

    ResponderEliminar
  3. Ola son Hugo gustoume moito compartir o meu cumple cos meus amigos. Un saudo

    ResponderEliminar
  4. Ola son Valentina, encantoume o biscoito e poder compartir os aniversarios con vos. Bicos. Chao.

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...