sábado, 1 de marzo de 2025

Día de ENTROIDO!!

Ola peques e familias!! 

Esta semana o MECO foinos preparando para o GRAN DÍA!! Todo era felicidade e diversión polo cole adiante!!

Nas entradas anteriores podedes velo todo e... tedes un RETO!! Tamén foron días de moitos ensaios e preparación!! 


E por fin chegou o DÍA DE ENTROIDO!! 

Ao chegar fixemos unhas chulísimas e divertidas sesións de fotos!! 

Despois tocou mostrar os nosos disfraces no cole e bailar con moita marcha homenaxeando aos AVOÍÑOS E AVOÍÑAS transmisores/as de todas as TRADICIÓNS!! 

Nas nosas pezas de puzzle recollemos a modo de xogo REFRÁNS ou DITOS da Arousa!! 

Algúns mestres e mestras levaban días tamén preparando unha SORPRESIÑA MOI TRADICIONAL!! Un FOLIÓN!!

Despois tocou saír polas rúas da nosa localidade!! 

Para rematar, unha gran MERENDOLA conxunta no patio e... un longo recreo moi merecido!! 

Foi un día xenial!! 

Moitas grazas familias por acompañarnos e pola vosa colaboración!! Esperamos que a mensaxe chegara a todos os AVOÍÑOS e AVOÍÑAS!! Aos do Centro de Día Lembranzas encantoulles!!

Se tedes algunha fotiño chula ou vídeo gustaríanos que nolo fixerades chegar!!

 Apertiñas entroideiras!!

6 comentarios:

  1. Ola son Nora encantóume facer o baile de entroido e disfrazarme viva o entroido chao entroideiros 🥳🥳🥳🥳🎉🎉🎉🎉🥳🥳🥳🥳

    ResponderEliminar
  2. Ola son Icia. Encantoume disfracarme de avoiña entroideira e tamen me gustou practicar o baile con Oliver e encantoume facer a merendola no patio eu no finde comin orellas e rosquillas estaban moi ricas. apertas lectoras.

    ResponderEliminar
  3. Ola son Enma, encantoume o día do desfile, gustoume moito bailar con todo o cole. Chao.🥸👴👵🏻👴🏻

    ResponderEliminar
  4. Ola son Valentina. Encantoume disfrazarme de avoiña carnavaleira e bailar con Antía. Ir no desfile cos meus compañeros e miña nai. Tamén me gustou moito a merenda no patio . Bicos para todos

    ResponderEliminar
  5. Ola a tod@s, son a nai de Hugo. Que guapos estabades tod@s disfrazad@s e que velliños tan bailarins. Estuvo todo moi ben 😍😍 Un saúdo, Noelia

    ResponderEliminar
  6. Ola son Sara. Encantoume o paseo polas rúas da Illa e divertinme moito co baile. Biquiños!

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...