sábado, 22 de febreiro de 2025

Obradoiro de receitas tradicionais!!

 Ola peques e familias!! 

O seguinte OBRADOIRO DE TRADICIÓN ORAL estivo en mans de ESTHER, A AVOÍÑA DE VALENTINA!! 


Ela veu a falarnos de RECEITAS TRADICIONAIS DE ENTROIDO que se foron transmitindo de xeración en xeración na súa familia!! 

Pero a cousa non quedou aí e cociñou dúas delas con nós!! Primeiro tocou escribir os ingredientes das ROSQUILLAS cun boli superchulo que nos agasallaron e un folletiño precioso!!

 E despois... a cociñalas xunto cunhas FILLOAS!!

 O mellor de todo?? A merendola que nos pegamos despois e a bolsiña que nos levamos para casiña con 2 rosquilliñas máis!! 

Podedes ver o obradoiro completo no seguinte enlace:

CARCAMÁN TV

Moitísimas grazas pola visita, as aprendizaxes e a rica comilona!! 

Apertiñas agradecidas!! 

6 comentarios:

  1. ola son icia encantoume facer a rosquillas coa avoa esther estavan suuuper ricas. apertas lectoras.

    ResponderEliminar
  2. Ola son Hugo gustaronme moito as rosquillas da avoa de Valentina. Un saúdo 👩‍🍳👩‍🍳👩‍🍳👩‍🍳👩‍🍳 Eu no finde comin orellas, un postre moi tradicional do Entroido, estaban riquísimas 😋😋

    ResponderEliminar
  3. Ola son Enma, gustoume moito o obradoiro da avoa de Valentina. Estaba todo moi moi rico. Eu este fin de semana comin filloas, que tamén é un postre do entroido. As filloas e os huesitos que fai miña avoa son o meu postre favorito.chao.

    ResponderEliminar
  4. Ola son Roi é encantoume facer as rosquillas, filloas e as orellas 🍽️🍽️🍽️

    ResponderEliminar
  5. Ola son Alén, encántame as rosquillas da avoa de Valentía , e ás filloas 😋😋😋😋🥳👍

    ResponderEliminar
  6. Ola son Vera, encantoume comer as rosquillas e as filloas da avoa de Valentina. Abur ;-)

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...