venres, 21 de febreiro de 2025

Damos comezo aos OBRADOIROS DE TRADICIÓN ORAL!!

Ola peques e familias!! 

Se os OBRADOIROS DE PROFESIÓNS do curso pasado xa foran un éxito... os "OBRADOIROS DE TRADICIÓN ORAL" cos avoíños e avoíñas non puideron comezar mellor!! O primeiro en visitarnos foi MANOLO, O AVÓ DE ICÍA que nos contou unha preciosa "TRADICIÓN SOBRE A FONTE DA COVA" que está pretiño da Area da Secada. 

Transmitíunola coma se fose un conto e con tanto agarimo que estivemos atentísimos/as e para nós xa é "A FONTIÑA"!!
 Agora temos dous encargos: ir a visitala e deixarlle algún agasalliño (pedriñas bonitas, flores...), xa que nos contou que xa ninguén a visita e está un pouco triste. Temos dúas compis que este xa o cumpliron!! 

E o segundo é contar a historia a moitas personiñas máis para que non se perda!! Despois de ver o vídeo o encargo queda tamén nas vosas mans familias, confiamos en vós!! Como era un pouquiño longo pero non se podía prescindir de ningún trociño... podedes velo no seguinte enlace:

TV CARCAMÁN 

Ademais dos dous encargos, comentarvos que nós fomos un pouquiño máis alá e decidimos escribir unha carta ao concello que... aínda está en borrador así que pronto vos contaremos máis!!

O seguinte avó en visitarnos, como vedes tamén no vídeo, foi RAMÓN, O AVÓ DE MÍA. Ao chegar coincidiron ambos e el corroborou a historia de Manolo contándonos que el acudira moitas veces a visitar esa fonte. Despois falounos dunha PROFESIÓN ben TRADICIONAL, e máis na Arousa: A CONSERVA!! 

Que interesante todo o que nos contou!! Ademais, adiantounos un segredo... el é FERREIRO e está facendo un XOGO POPULAR para outro avó que nos visita pronto!! Así que aproveitamos para falar da importancia do TRABALLO EN EQUIPO unha vez máis!! Cantas aprendizaxes!!

Moitísimas grazas pola vosa visita!! 


E esta fin de semana poderedes ver os seguintes!! Estade ben atentos/as ao blog!!

Apertiñas agradecidas!!

5 comentarios:

  1. ola son icia encantoume que viñera o meu avo a escola ademais non sabia a historia que nos contou. apertas lectoras chao

    ResponderEliminar
  2. Ola son Enma, encantoume a história da Fontiña, e ao día seguinte xa fun a visitála.. Está un pouco olvidada, xa que estaba chea de maleza,pero limpámola un pouco e lle regalei unhas flores. Tamén lavamos os ollos ca auga milagreira. Chao.⛲️💐

    ResponderEliminar
  3. Ola, que historia tan bonita a da Fontiña, e que ben a contou Manolo.Eu tampouco a coñecia pero estou segura que a partir de agora non nos vamos a olvidar dela e iremos a visitála a miúdo. E a história de avó Ramón tamén moi interesante sobre a historia da conserva.Carolina( a mamá de Enma)

    ResponderEliminar
  4. Ola son Valentina, encantoume que viñeran os avoíños, son tan monos, irei visitar a fontiña e deixar algo. Apertiñas , chao

    ResponderEliminar
  5. Ola son Hugo gustoume moito ver as fotos da fontiña da cova .Un saúdo 💚💜💜💜💜💜💜💙💙💙🤎🤎🤎💙💙💙💙💚💜💜💜

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...