martes, 13 de agosto de 2024

Unha administrativa na nosa aula!!

Ola peques e familias!! 

Como quedara prometido faltaba compartir por aquí os OBRADOIROS DE FAMILIAS do terceiro trimestre así que imos alá!! A primeira en visitarnos foi a nai de Nora!! 

Ela é administrativa nunha empresa de ATÚN VERMELLO e contounos un montón de cousiñas interesantes sobre este animal!! O nacemento, o seu nome en latín, diferentes maneiras de cociñalo e comelo e as diferentes especies...

 Pronto Hugo se dou conta de que ese peixe aparecía nun libro que estaba a ler, agasallo doutra familia!!  

Tamén nos falou das actividades que realizaba na súa empresa, concretamente traballa moito con números!! 

Ensinounos FACTURAS complicadísimas de entender pero propúxonos un RETO ao noso nivel para calcular costes que resolvemos mentalmente sen problema!! 

Para rematar, pedímoslle axuda para clasificar a súa profesión e entregámoslle o merecido DIPLOMA!! 

Ela, xunto con Nora, sorprendéronnos cuns agasalliños moi útiles para seguir facendo contas!! Ademais, a calculadora funciona con enerxía solar, polo que contribúe a coidar o medio ambiente, todo pensado!!

Canto aprendemos e que ben o pasamos!! MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VISITA!! 

Pronto teredes os seguintes...

Apertiñas contadoras!! 

1 comentario:

  1. Que traballo máis interesante e que rico o atún vermello, é dos meus peixes favoritos!Carolina(a mamá de Enma)

    ResponderEliminar

Coa chegada de outubro... LIBRIA abre a biblio!!

Ola peques e familias!!  Como todos os cursos LIBRIA xa ten todo preparado para abrir a BIBLIO en OUTUBRO!!  Así que este martes xa poderemo...