venres, 19 de xaneiro de 2024

Comezan as viaxes do elfiño!!

Ola peques e familias!! 

O elfiño leva toda a semana con preparativos para comezar as súas viaxes ás casas!! Un día apareceu así... 

Ao seguinte con esta bolsiña tan bonita e unha carta para as familias... 

E o xoves por fin se marchou á primeira casiña!! 

Xa avisamos a Valentina que teña coidadiño por se lle toca algunha TRASTADA na súa casiña!! E que recorde realizar algunha ARTISTADA ou ALGÚN ACTO BONITO POR ALGUÉN e sacar 1 ou 2 FOTIÑOS para compartilo con nós!! Desexando que o MARTES nos conte todo!! 

Pero como o elfiño marchaba, LIBRIA apareceu cunha carta!! 

Lede, lede... tocaba INVESTIGAR!! 

Fomos tan rápidos en descubrir á amiguiña de Libria que ao día seguinte xa tiñamos outra carta e... 

...na BIBLIO esperábanos AMARANTA!! Vaia ilusión!! 

Pasou un ratiño xenial na BIBLIO con nós e ata nos axudou a seguir a lectura!! A ver se a atopades!!




Non dubidamos en invitala á nosa aula e comezar a aprender co seu libro!! 

E foi moi boa idea xa que nos deixou uns libriños sobre ANIMAIS ben interesantes!! 

Grazas Amaranta!! 

As aventuras seguirán 

despois da fin de semana!! 

Apertiñas investigadoras!!


3 comentarios:

  1. Deseando que o Elfiño chegue a nosa casa 🏠🏠
    Amaranta encantada de coñecerte; que tanto aprenderás coa lectura e os nen@s de 1A. Un saúdo a nai de Hugo

    ResponderEliminar
  2. Hola amiguiños!! Por aquí levamos una días ven nerviosos nesta casa xa que o elfo travesiño non pra de facer das súas 😂😂😂😂 pero trouxo unha misión mói importante para Valentina e para todos na casa, así que vamos a aprender un pouquiño ❤️❤️❤️❤️❤️❤️ que felicidad temos ❤️❤️❤️❤️❤️ mamá de Valentina

    ResponderEliminar
  3. Son Hugo, quero que o Elfiño Travesiño veña a miña casa 🏡🏠 para coñecer o meu irman, outro travesiño como él. Moitas apertas 🤑🍧💪👏👍👊

    ResponderEliminar

Que divertido é o esqueleto!!

Ola peques e familias!!  Hoxe toca aprender algo novo!! O noso SISTEMA ÓSEO !! Primeiro en GALEGO e despois en CASTELÁN!! Estade ben atent@s...