mércores, 15 de novembro de 2023

Actividade de igualdade!!

 Ola peques e familias!! 

Que importante é traballar a IGUALDADE a todas as idades e en todos os ámbitos, tamén no cole!! A diario está presente este tema pero non está de máis unha actividade como a desta semaniña!! 

Recibimos a Sara, unha mestra que nos presentou: "ABAIXO AS CAIXAS" de Realkiddys (Alba Alonso)!!

Porque ás veces estamos "metidos" nelas sen darnos conta e debemos ser conscientes para ser libres de poder elexir!! 

 Así que Sara e Alén ofrecéronse voluntari@s para "meterse nas caixas " e despois Sara comezou a sacar xoguetes e máis xoguetes e nós decidiamos en que caixa os metiamos! 

O vídeo fala por si só... 

...pero comezan a xurdir as dúbidas e a quedar xoguetes no medio de ambas caixas!!

Así que finalmente toca reflexionar e... "romper" as caixas!! Ou polo menos saír delas!! 

Que ben se sinte un podendo elexir con que xogar, como disfrazarse ou que profesión ter!! E poder compartir e pasar momentos xunt@s, aínda que sexamos diferentes nalgunhas cousiñas!!

Foi moi interesante e a reflexión pode continuar na casa!! Animádevos!! Grazas á ANPA por esta actividade!! E mañá xoves día 16 ás 18:30 horas máis no concello para vós!! Esperámosvos!! 

Recoméndovos tamén os seus libros de lectura e de colorear!!

E sabedes unha cousa?? 

A nosa compi Carmen tivo a gran sorte de coñecer á escritora e facerse unha foto xunto a ela!! Que momentazo!!

Apertiñas diversas!!

4 comentarios:

  1. Un tema moi interesante para tratar, conversar e entender. 😍😍😍 A nai de Hugo

    ResponderEliminar
  2. A min gustoume moito o libro de “Martin, es el mejor” ainda que a sua irmá e moi traviesa. Gracias a ANPA pola tarde de onte 👏👏👏👏HUGO

    ResponderEliminar
  3. Pero que ben o fixeron nesta actividade estes pequenos artistas!!! 🥰🥰🥰 Acerca-se Papá Noel e creo que algún libriño podremos pedir ❤️❤️❤️ Mama Valentina

    ResponderEliminar
  4. Que taller tan educativo e interesante para que os nosos nenos/as reflexionen sobre a igualdade, a non discriminación por sexos e sobre todo para que sepan que son seres únicos e libres. Gracias a anpa por organizar este tipo de actividades.
    Carolina(mamá de enma)

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...