sábado, 14 de outubro de 2023

Estreamos os OBRADOIROS DE PROFESIÓNS DAS FAMILIAS!!

 Ola peques e familias!! 

Fai uns diiñas preparamos todo para dar comezo aos OBRADOIROS DE PROFESIÓNS DAS NOSAS FAMILIAS!! 

Realizamos un MURAL cos tres tipos de traballos inspirándonos no que fixeron os compis de segundo!!


Cada vez que veñades a explicarnos a vosa profesión, teremos que clasificala correctamente!!

 A primeira en visitarnos foi Vanessa, a nai de Martín que nos veu a explicar o seu traballo como XEROCULTORA aproveitando que estamos estudando o corpo e o seu coidado!! 

Contounos que ás persoas maiores que ela atende e coida tamén lles gusta estar moi guap@s e teñen unha sesión os mércores para iso!! Encantounos!!

Ten un estoxo cheo de cousiñas que nos deixou alucinad@s!! Parece o peto máxico de Doraemon!! E sabedes? Fan un montón de actividades. Unha delas é moverse moito coma nós divertíndose!! Como saudando moito ou con esta dinámica que nos encantou e repetiremos!!

Que bonito, importante e interesante o que fai coas persoas maiores!! E por si fora pouco... trouxeron un agasallo ben "moderno" para nós!! Ou máis ben para os nosos avós e avoas!! 

Entre tod@s eliximos frases bonitas para escribilas no mesmo e agora toca colorealo ben bonito na casa para agasallalo!! Sería precioso ver esas cariñas de ilusión pero como non poderá ser... contádenolo en comentarios, por favor!! 

E quedounos unha misión que pronto vos contaremos. Resultará moooi bonita e enriquecedora!!

E para rematar, colocamos a profesión no seu lugar no mural e entregámoslle un DIPLOMA ben merecido!!

 Grazas Vanessa e Martín por un momentiño tan estupendo de aprendizaxes e sorrisos!! 

Se algunha familia aínda quere 

apuntarse está a tempo :)

 Apertiñas agradecidas!!

4 comentarios:

  1. Pasamolo moi ben. O venres pola tarde pintei o debuxo cos meus avós, quedou moi bonito e meus avós moi contentos. Gracias a nai de Martín.
    🤑🦓🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄😇🤑🤑🤑🤑🤑🤑😻💙💓💞💕💌👯👵🤶🧝👴 HUGO

    ResponderEliminar
  2. Os meus avós puxeronse moi contentos Co debuxo e dedicatoria.Tanto lles gustou que o colocaron na nevera con un imàn para poder velo sempre.💗Enma

    ResponderEliminar
  3. Foi unha experiencia marabillosa, paseino xenial, sodes uns nen@s incribles! Tanto Martín coma min repetiriamos sen dudadlo. Gracias Ali por tan boa proposta! Alégrome moito que gustaran os debuxos.
    Martín e a súa nai.

    ResponderEliminar
  4. os avós quedaron emocionados cos debuxos que lle regalamos e coas frases de amor verdadeiro. Moito que agradecerlle. (Vera e Alén)

    ResponderEliminar

Unidades de medida - Peso

Ola peques e familias!!  Hoxe toca repasar...  AS UNIDADES DE PESO !!  Aquí quedan varios xogos! XOGO 1 XOGO 2 XOGO 3  Adiaaaaaante!!  Apert...